Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2025 | Actualizada ás 13:45
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, lamentou a actitude do Goberno central respecto ao traspaso de competencias, asegurando que "non o pon fácil". Así se expresou a responsable autonómica na súa visita a Meteogalicia e en referencia ao traspaso oficial da xestión do litoral que se asinará este mércores coa presenza do ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres. "Se de algo nos serviu é para aprender que non nolos van a pór nada fácil e que temos que regular. Pediramos o traspado de competencias en costas, negáronse e, por tanto, o que fixemos foi lexislar", defendeu Ángeles Vázquez.
A este respecto, comentou que o texto legal xa está "moi avanzado" e que irá dentro da Lei do Clima. "Espero que estea pechado canto antes", insistiu, aínda que remarcou que necesita dun articulado e de coordinación co resto das consellerías, ademais dos informes pertinentes como pode ser o do Consello Consultivo. "Estamos nesa fase e espero que ao longo deste 2025 xa vaiamos tendo tamén boas noticias neste campo", avanzou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.