Xunta e entidades abordan a cooperación público-privada ante o cambio climático

Para Vázquez fai falta un "compromiso transversal, conxunto e coordinado" das administracións e do tecido produtivo e social da comunidade galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2024 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A Xunta e as entidades adheridas á Alianza galega polo clima reuníronse, na Coruña, nun encontro de traballo para impulsar a cooperación público-privada para a análise e deseño de estratexias que permitan "acelerar" a adopción de prácticas de sustentabilidade ambiental "para conseguir a neutralidade climática da comunidade".

A iniciativa creouse en 2022, con 150 adheridos desde grandes empresas, pemes, tres universidades, portos, entidades deportivas ou organizacións non gobernamentais, todo para reducir as emisións. Así o expuxo a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, na inauguración do I Foro técnico da Alianza galega polo clima: Casos de éxito das empresas ante os novos retos climáticos.

Ademais, lembrou que este ano se puxo en marcha a primeira oficina virtual a disposición de todas as empresas e de todas as entidades adheridas para profundar neses casos de éxito e comprobar cal é a lexislación europea e os seus avances para que Galicia sexa un "gran refuxio climático".

Para Vázquez fai falta un "compromiso transversal, conxunto e coordinado" das administracións e do tecido produtivo e social da comunidade galega para conseguir "confluencias que multipliquen o efecto das súas respectivas accións individuais".

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, na inauguración do I Foro técnico da Alianza galega polo clima: Casos de éxito das empresas ante os novos retos climáticos. MONCHO FONTES
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, na inauguración do I Foro técnico da Alianza galega polo clima: Casos de éxito das empresas ante os novos retos climáticos. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta