Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2024 | Actualizada ás 18:32
Os produtos da Indicación Xeográfica Protexida (IGP) Castaña de Galicia poderán cultivarse en todo o territorio galego, tal e como recolle a modificación do prego de condicións recollida no Diario Oficial de Galicia (DOG). Desta forma, despois de que fose solicitado polo consello regulador, amplíase ao territorio delimitado nun inicio para esta IGP, que incluía unicamente as comarcas dos concellos do interior e de maior altitude da comunidade, xa que cando se aprobou o expediente do ano 2009, estas eran as zonas que contaban cunha maior presenza de castañales tradicionais.
Segundo informou a Xunta, as cuestións como os avances nos tratamentos e medidas de prevención das enfermidades que afectan o castiñeiro xunto co renovado interese comercial polo aproveitamento dese cultivo, propiciaron a recuperación dos soutos galegos nos últimos anos. Por iso, en base a unha serie de análises e comprobacións realizadas polo consello regulador e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, actualmente en todo o territorio galego pódense dar condicións de clima e chan compatibles coa produción de castaña de calidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.