A celebración dos magostos atópase, estas semanas, no seu clímax. E hai posibilidade de comelas de múltiples xeitos; asadas, cocidas ‒facéndoas acompañantes, incluso, dun ovo fritido‒ ou mesmo conxeladas.
Realizado por voluntarios de Agareso, vai xa pola súa quinta tempada, con confirmación dunha sexta. O GC fala con Verónica, coordinadora deste programa, que nos conta como se xestou e como foi evolucionando.
  comenta   0
Queres saber o rendemento que che pode dar un souto de tan só unha hectárea? Sabes como podes aproveitar os castiñeiros para a cría de porco celta? Eres amante dos cogomelos? Estamos a falarche de rendementos económicos de miles de euros. Da man de Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor da USC, explicámosche as vantaxes destes soutos.
  comenta   0
De onde vén a tradición do Magosto? Como se celebraba e como se celebra?. Así é a evolución dunha festa celebrada en familia a unha festa autoxestionada no monte con elementos común: lume, música, baile, chourizos e moitas castañas para dar a benvida ao inverno.
  comenta   1
O Grupo Coren prepara a compra de castaña destinada á alimentación dos porcos da súa Gama Selecta, nun ano no que os resultados da colleita non acompañaron.
  comenta   0
Na actualidade Galicia conta con case 50.000 hectáreas de castiñeiros, fronte ás máis de 400.000 de eucaliptos, a maioría ubicados nos distritos forestais da Fonsagrada-Os Ancares, Terra de Lemos e Valdeorras-Trives. Roque Rodríguez, catedrático da USC, asegura que "os castiñeiros son unha alternativa mellor aceptada socialmente e con máis axudas dende o punto de vista das subvencións e do plan estratéxico da PAC".
  comenta   0
Será os días 11 e 12 de novembro e contará cuns trinta postos nos que non faltarán produtos de tempada como mel, cogomelos, noces, castañas, etc.
  comenta   0
O Grupo Coren participou un ano máis nesta Feira Internacional de Turismo Gastronómico cun expositor no que, ademais dos seus principais produtos, estivo presente este xamón de porco alimentado con castañas. Este produto premium conmemora o décimo aniversario da súa saída ao mercado.
  comenta   0
Piden axudas económicas a productores, a conceptualización de “souto tradicional” para diferencialo de soutos de nova e recente plantación e campañas publicitarias para desestacionalizar o seu consumo.
  comenta   0
A cidade do Cabe celebra o Mercado de Outono con 14 postos de venda de produtos de tempada típicos do outono así como artesanía. O espazo expositivo contará ademais cunha pequena exposición de colmeas e ferramentas apícolas.
A campaña de recollida deste froito está nos seus inicios pero o sector augura unha nova merma da produción, próxima ao 50%, pola seca vivida este ano. "Agora, que nos atopamos nunha época baixa, temos que potenciar o sector para que siga sendo dinamizador", apelan.
  comenta   0
A cooperativa ourensá vén de pechar un convenio de compra coa empresa Alibós de Monterroso, a maior colleitadora do sector de Galicia, para abastecerse durante o 2022.
  comenta   0
A nomoniosis é o principal fungo que afecta os castiñeiros de Ourense e a Xunta, segundo indicou, traballa para atallalo a través de diferentes medidas.
  comenta   0
Indignados co Concello de Santiago, que prohibiu a Manolo Prieto exercer o traballo que levaba 53 anos exercendo, poñen en marcha unha petición.
  comenta   2
O Courel ten moitos potenciais, un deles é o da castaña, produto que non se aproveita na medida das súas posibilidades. Concepción Arza, fundadora de “Delicias do Souto” leva tempo centrada no aproveitamento para repostería dun dos produtos autóctonos máis típicos da zona.
Aínda considerando o estado de abandono dos soutos galegos, a produción de castaña de Galicia representa un 40% da produción do estado. O dato é de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, un proxecto que cre no seu potencial, traballa arreo por recuperar soutos e que está conseguindo fixar poboación no rural. Falamos cun dos seus socios.
  comenta   0
As comunidades de montes ensaian modelos para manter vivos e rendables os montes galegos. Algunhas pedirán carnés para acceder aos montes comunais para evitar a pillaxe e a queima dos bosques
O Apalpador estivo apiques de borrarse da memoria colectiva cando unha casualidade o redescubriu no Courel. Os maiores de varios concellos da Montaña de Lugo e Ourense recordaban a lenda de cando eran nenos e o Nadal era máis simple. A volta deste personaxe mitolóxico trae tamén unha nova maneira de ver unhas festas menos consumistas.
  comenta   25
Constituída a Mesa da Castaña como órgano asesor para "consolidar" o liderado de Galicia na súa produción.
  comenta   1
O novo postre de Larsa leva a sinatura do enxeñeiro lucense Pablo Fraga Gontán. Combina o leite e mailas castañas galegas. Destaca que o país produce grandes produtos cos que se pode innovar e comercializar.
A idea foi dun enxeñeiro lucense. O novo postre de Larsa está dispoñible en formato de tarro de cristal.
Investigan a cinco mozos na Pobra de Trives por substraer 60 quilos de castañas dunha leira.
  comenta   0
En Laiosa, no Incio, hai moitos anos que conservan a tradición de celebrar en comunidade o magosto. Un encontro social e gastronómico que une a toda a veciñanza.
Milleiros de persoas acudirán estes días á Festa da Castaña en Folgoso do Courel, Festa declarada de Interese Turístico de Galicia no 2013. A montaña de Lugo foi e segue sendo a gran despensa das castañas en Galicia.
O evento reúne cada ano a máis visitantes. Federico Pérez, será o pregoeiro este ano da festa en Froxán.
  comenta   0
A provincia de Ourense concentra o 75% da produción deste froito en Galicia. A Xunta aposta por reforzar este sector para manter a poboación destas áreas e crear postos de traballos.
  comenta   7
Técnicos piden ao Goberno central que autorice a loita biolóxica en Galicia contra a avespa chinesa do castiñeiro. Esperan que a solta do insecto 'Torymus' reduzan as perdas a un "20 ou un 30%" da próxima colleita.
  comenta   1
Un consorcio de empresas, en colaboración coas universidades de Vigo e Santiago, traballa na revalorización de residuos e coprodutos procedentes do sector agroindustrial galego.
  comenta   0
A tese de Marta Cobas, da Universidade de Vigo, avala a capacidade da cáscara de castaña, como residuo agroindustrial, para a adsorción de contaminantes.
  comenta   2
A Consellería do Medio Rural intensifica a loita biolóxica contra este insecto mediante a solta experimental de parasitos.
  comenta   0
A Asociación Cultural Fonte do Milagro celebra como cada ano por estas datas a exaltación da “pisa tradicional” da castaña seca no corazón do Courel.
  comenta   1