Por Galicia Confidencial | Ourense | 08/11/2023 | Actualizada ás 09:00
O Xamón Selecta de Coren, coñecido popularmente como “O de Castañas”, tivo un protagonismo especial no certame Xantar 2023 que rematou este pasado domingo 5 de novembro en Expourense.
Aproveitábase para darlle protagonismo a este produto de alta calidade por conmemorarse o 10º aniversario dende o seu lanzamento ao mercado en outono de 2013. O seu nacemento supoñía a chegada dunha nova categoría de xamón, “O de Castañas”, e unha repercusión social moi importante no sector agrogandeiro e no medio rural galego, contribuíndo ao seu progreso e xeración de riqueza.
O Xamón Selecta de Coren ou Xamón de Castañas procede de porcos de raza seleccionada criados de xeito tradicional, co máximo benestar, e que reciben unha alimentación con castañas, parte fundamental da súa dieta durante a fase de cebo.
RECUPERANDO FORMAS DE ALIMENTACIÓN TRADICIONAL
Coren recuperou a tradición coa que se alimentaban os porcos nas casas galegas antigamente, tempos nos que era habitual que comesen castañas nos meses previos á matanza, o cal outorgaba un sabor especial á carne. Actualmente, máis dun centenar de granxas do Grupo Coren crían porcos alimentados con castañas. Para a alimentación con este produto, a cooperativa galega adquire a castaña en tempada e logo cócese, pela e conxela para ter dispoñible todo o ano. A pasada tempada mercou 4.250 toneladas de castaña, o que supón xeración de riqueza no rural cunha repercusión para os produtores de 6,6 millóns de euros, e nestes momentos traballa xa para a compra de castaña para o ano 2024.
Este proxecto conleva tamén unha destacada repercusión ambiental, xa que contribúe á protección dos soutos e do medio ambiente, en consonancia cos principios fundamentais da súa Política de Responsabilidade Social.
PREMIOS INTERNACIONAIS
Os xamóns Selecta cúranse de xeito artesanal nos secadeiros de Coren en Lugo e baixo o agarimo dos mestres xamoneiros de Coren para acadar o seu delicioso aroma, intenso veteado e punto xusto de curación, para dar lugar a pezas artesanais e exclusivas, cun sabor que evoca á castaña e á tradición de Galicia. Este xamón foi premiado en numerosos certames internacionais, como os Superior Taste Awards de Bruxelas, os Great Taste de Londres ou o certame IFFA de Frankfurt. “Sabor delicioso, cun gran balance entre notas doces e salgadas” ou “un excelente produto” de “delicioso sabor aromático cun toque doce” son algunhas das cualificacións dos xuíces ao Xamón Selecta de Coren nestes certames.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.