Foi unha cita organizada entre Expourense e ACAUTO que reuniu a 16 concesionarios oficiais que representaban a 25 marcas.
  comenta   0
Todas as marcas presentes están aproveitando a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara á campaña do 2025. O Salón do 'Automóbil-Vehículo Novo' celébrase do 15 ao 17 de novembro.
  comenta   0
A fin de semana do 15 ao 17 de novembro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 22 ao 24 o de Ocasión. Haberá 16 concesionarios oficiais e presentaranse 37 modelos novos.
  comenta   0
Celebrarase no recinto de Expourense os días 8, 9 e 10 de novembro con 42 expositores procedentes de 5 países.
  comenta   0
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense pechou as portas da súa 25ª edición tras recibir a visita de 17.000 persoas e contar con 90 expositores e 5 países representados. Na xornada de clausura tivo especial protagonismo o rural galego.
  comenta   0
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico, de Expourense, acolleu o 1º Campionato de Tortilla de Patacas de Galicia. O actual campión de España, Ramón Rodríguez (Restaurante O Cabo da Coruña), gañou tamén este Campionato de Galicia na modalidade de 'tortilla de patacas tradicional'.
  comenta   0
A 25ª edición deste Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se fai do 24 ao 27 de outubro, contará con 90 expositores, 63 adegas profesionais, 5 restaurantes e 5 países representados. Entre as actividades paralelas destacar dous concursos que premiarán á mellor tortilla de pataca e á mellor hamburguesa de Galicia.
  comenta   0
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebra o seu 25º aniversario do 24 ao 27 de outubro en Expourense. Unha das novidades será este certame promovido polo chef Martín Fernández, do Restaurante Bágoa de Ourense e creador da "Mellor Hamburguesa Gourmet de España 2024".
  comenta   0
Funergal, celebrada no recinto de Expourense, trae as últimas innovacións do sector funerario: cadaleitoos sostibles, urnas que fan de xardín ou de lámpada, coches de alta gama para o último paseo e mesmo tanatorios portátiles.
  comenta   0
A pasada primavera, o Grupo Coren puxo en marcha un camión de comida acondicionado como escaparate dos seus produtos para participar en festivais e outros eventos de Galicia. A iniciativa tivo moi boa acollida e este ano sumará a ese tráiler, unha segunda 'food truck'.
  comenta   0
A organización confirma o éxito deste foro sinalando como dato revelador que "o ratio de visita por venda de coche aumentou respecto a outros anos".
  comenta   0
Entre o 12 e o 14 de abril celébrase o VI Car Outlet Ourense, unha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO). A cita reunirá a 24 marcas e 15 concesionarios asociados.
  comenta   0
Celébrase a fin de semana do 6 e 7 de abril ofrecendo ademais unha gran área de exposición e venda coa presenza de 30 expositores e 20 clubs de afeccionados, moitos deles de ámbito nacional.
  comenta   0
Trátase do Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 - Sub20, evento deportivo que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense-Expourense.
  comenta   0
Entre os traballos presentados seleccionaranse 10 finalistas que exporán os seus proxectos na final que se celebrará o 18 de abril dentro do Encontro “Inspiro”.
  comenta   0
O presidente de Vox, Santiago Abascal, apelou a conseguir que Vox acabe coa "anomalía" de que Galicia sexa o único Parlamento autonómico no que non están presentes e, a partir do próximo 18 de febreiro, evitar que o PP faga "socialismo" desde a Xunta.
  comenta   0
Tivo lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro en Expourense. Contou con 500 inscritos e unhas 4.500 visitas de todas as idades.
  comenta   0
Este pasado domingo 26 de novembro pechaba as súas portas tras 2 citas, unha co vehículo novo e a máis recente dedicada ao vehículo de ocasión. Segundo a organización alcanzáronse as expectativas tanto de vendas como de visitas.
  comenta   0
"424 oportunidades de atopar o coche ideal con aforro, todas as garantías, facilidades de financiamento e entrega inmediata", din dende a organización do 14º Salón do Automóbil-Vehículo de Ocasión, evento que se celebra en Expourense do 23 ao 26 de novembro.
  comenta   0
Estará aberto ata este domingo 19 de novembro ás 20.00 h. e conta con 15 concesionarios oficiais que representan a 24 marcas.
  comenta   0
O Salón do Vehículo Novo será do 16 ao 19 de novembro e o do Vehículo de ocasión do 23 ao 26 deste mesmo mes. Participarán 15 empresas representando a 24 marcas que darán a coñecer unha vintena de modelos novos.
  comenta   0
O Grupo Coren participou un ano máis nesta Feira Internacional de Turismo Gastronómico cun expositor no que, ademais dos seus principais produtos, estivo presente este xamón de porco alimentado con castañas. Este produto premium conmemora o décimo aniversario da súa saída ao mercado.
  comenta   0
Este pasado domingo, 5 de novembro, pechou as portas a 24ª edición deste foro internacional de turismo gastronómico. Un certame con bastantes novidades que, en palabras do seu director, Rogelio Martínez, "viñeron para quedar".
  comenta   0
A súa 24ª edición comezou este xoves 2 de novembro e alongarase ata o domingo 5. Entrada de balde, zona de tapeo e concertos nocturnos farán máis atractivo o encontro turístico-gastronómico deste ano.
  comenta   0
Achegámonos ata Expourense para ver o ambiente do festival. Moita xente veu de fóra de Ourense só para ver aos seus grupos favoritos e apoiar este tipo de eventos culturais. As conexións para chegar ata a zona dos concertos foi tamén complicada para algúns xa que os horarios dos buses eran escasos.
  comenta   0
500 participantes de 20 países déronse cida nesas terras latinoamericanas nun encontro sobre termalismo que durou tres días e rematou este 6 de outubro. O ministro de Turismo deste país, Tabaré Vise, explicaba durante a recepción realizada en Termas de Guaviyú, en Paysandú, que “estamos entusiasmados por ter a oportunidade de mostrar ao Mundo o marabilloso Destino Termas uruguaio”.
  comenta   0
O 'Salón do Vehículo Clásico', a gran novidade no calendario feiral do recinto ourensán para este 2023, terá lugar os días 24 e 25 de xuño.
  comenta   0
O Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrarase en Expourense os días 5 e 6 de xuño. Contará coa participación de 64 expositores e un túnel de caldos e espirituosos con 116 referencias.
  comenta   0
A organización amosa a súa satisfacción con 127 coches vendidos e un aumento substancial de visitas en comparación coa edición anterior.
  comenta   0
A cita será en Expourense a vindeira fin de semana, entre o 14 e o 16 de abril, e reunirá un total de 24 marcas representadas a través de 15 concesionarios asociados.
  comenta   0
Fíxoo na Bolsa de Turismo de Lisboa (BTL), principal evento profesional de turismo do país veciño.
  comenta   0
Xantar viviu o sábado 12 de novembro a cuarta xornada da súa edición número 23 cun día repleto de actividades, degustacións, actuacións musicais e cun acto central completo no que se celebrou o día dedicado aos Camiños de Santiago. Coren levou o premio ao 'Mellor Stand'.
  comenta   0
Este luns, 7 de novembro, presentouse a súa 23ª edición que se celebrará entre o 9 e o 13 deste mes nas instalacións de Expourense. Reunirá a 165 expositores, contará con 5 países representados e o fío condutor será a gastronomía dos distintos Camiños a Santiago.
  comenta   0
O 13º Salón do Automóbil pechou as portas dunha edición atípica na que os tradicionais Salón do Vehículo Novo e de Ocasión, que se celebraban en Expourense durante dúas fins de semana consecutivas, fusionáronse este ano nun único salón que ofreceu durante catro días máis 350 coches, novos e de ocasión.
  comenta   0
A coñecida feira internacional de turismo gastronómico que se organiza en Expourense presentou a súa 23ª edición na Casa de Galicia de Madrid. A organización busca captar público da capital seducido pola experiencia gastronómica e a proximidade con Ourense grazas ao AVE.
  comenta   0
Celébrase entre o 20 e o 23 de outubro e consistirá nun único salón con coches novos e de ocasión no que participan 14 empresas que representan a 19 marcas.
  comenta   0
A fin de semana do 14 ao 16 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo e do 21 ao 23 o do Vehículo de Ocasión. Estarán presentes 15 concesionairos representando unhas 20 marcas.
  comenta   0
O Concello de Verin participou na Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar que rematou este 30 de setembro en Expourense. Nesta edición, e cun stand individual, puxo en valor o potencial termal da vila.
  comenta   0
Despois dun parón de 3 anos volve a Expourense co seu formato completo os días 29 e 30 de setembro. Na cita haberá 140 expositores e 70 poñentes de 25 países.
  comenta   0