Funtastik: diversión, deporte e concienciación ambiental en Expourense

É a primeira edición deste evento que se desenvolve no recinto feiral ourensán ata o 13 de outubro.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 10/10/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Funtastik “No limits”, un evento que aúna educación e diversión, nun universo multi experiencia, estase a desenvolver dende o venres 4 de outubro e alongarase ata o domingo 13. O recinto feiral de Expourense convértese nun gran parque de atracións que conta con pista de patinaxe ecolóxica, tren infantil, circuítos de obstáculos onde realizar probas de esforzo e superación e inchables de salto xigantes (un deles é o máis grande de España).

Xantar 2023 no recinto feiral de Expourense. Foto: Prensa Expourense.
Xantar 2023 no recinto feiral de Expourense. Foto: Prensa Expourense.

Ademais do anterior hai tamén dúas áreas dedicadas á construción con pezas “LEGO” e un parque temático de “Los Pitufos”, que fan de fío condutor para educar nos 'Obxectivos de Desenvolvemento Sostible', con fichas educativas, vídeos e mensaxes formativas.

O recinto está aberto das 10.00 ás 14.00 polas mañás e de 16.00 a 20.00 h. polas tardes. En horario de mañá os días lectivos está reservado aos escolares de centros educativos da provincia de Ourense e nas sesións de tarde entre semana e as dúas fins de semana está aberto tamén para as familias que queiran asistir. A entrada ten un custo de 9 euros por persoa e poderá adquirirse na billeteira física de Expourense o una web www.ataquilla.com

FUNTASTIK

Este evento nace con vocación de continuidade coa previsión de seguir realizándose noutras edicións. Está promovido pola empresa da Rúa de Valdeorras, Mantesil, que conta co apoio principal de entidades públicas como a Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense e tamén coa colaboración das empresas Frigo, Eroski e Familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta