Jake Bugg, Miles Kane, Tenage Fanclub e Los Enemigos encabezan o cartel do Our Fest

O pop rock alternativo regresa a Expourense este sábado coa terceira edición deste festival.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/09/2024 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

Jake Bugg, Miles Miles Kane e Yard Act, actuarán por primeira vez en Galicia este sábado xunto a nomes como Teenage Fanclub e dúas bandas nacionais: Los Enemigos e Cabalo Prieto Azabache. Todos eles conforman o cartel da terceira edición do Our Fest, que se celebra en Expourense. A presentación do evento tivo lugar na mañá deste mércores en Expourense, onde se destacou "a relevancia" do festival "non só como evento musical, se non como un verdadeiro motor cultural e turístico para a rexión".

Así pois, o cartel arrinca ás 17,30 horas co galego-madrileños Cabalo Prieto Azabache, que prometen mesturar enerxía e melancolía; seguidos deles actuarán Los Enemigos ás 18.45 horas, subiranse ao escenario para presentar o seu último álbum "Bestieza".

A quenda de Teenage Fanclub será o seguinte, ás 20.15 horas para "ofrecer un set cheo de álbum Endless Arcade. A noite avanzará con Miles Kane ás 21.45 horas mesturando rock alternativo e glamrock; ás 23.15 horas Yard Act ofrecerá post punk con crítica social e o peche pasará da media noite; ás 0.45 horas Jake Bugg presentará temas do seu álbum "A mother day distraction". Na presentación deste festival o vicepresidente segundo da Deputación e deputado de cultura, César Fernández, quixo remarcar a importancia destes eventos culturais "para a dinamización do territorio", asegurando que "atraen a miles de persoas e enchen hoteis e restaurantes".

Uns datos que ratifican desde a organización posto que afirman que a ocupación hoteleira "xa roza o 90% na cidade e os seus arredores", polo que o festival "tamén supón un púo significativo para a economía local".

Pola súa banda, o tenente de alcalde do concello de Ourense, Aníbal Pereira, resaltou que o Our Fest pon "Ourense no mapa cultural e turístico de Galicia" ofrecendo unha oportunidade para "mostrar o mellor da cidade e un lecer que fai feliz á xente".

O director artístico do festival, David Jiménez, explicou que o cartel "se basea na calidade e non na cantidade, do mesmo xeito que o doutros anos", atraendo a xente "de moitas partes para ter unha programación diferente" con "bandas que teñen un pasado e bandas actuais que teñen moito por dicir".

Pechou as intervencións Xose Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, quen quixo remarcar o traballo conxunto de tres institucións: Xunta, Deputación e Concello, para "converter Ourense nunha das principais cidades musicais, non só de Galicia se non tamén a nivel estatal" axudando "a proxectar a nosa cultura e atraendo tamén visitantes do norte de Portugal" cun cartel "tan atractivo e diferente". As entradas para a terceira edición deste evento están á venda a través de ourfest.gal e en ataquilla.com a un prezo de 40 euros máis gastos de xestión.

Presentación da terceira edición do Our Fest. XUNTA
Presentación da terceira edición do Our Fest. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta