Fallin In Reverse, Jinjer, Eagles Of Death Metal, Skindred, Angelus Apátrida ou Seven Hours Before Violet son algúns dos máis destacados entre as 80 novas confirmacións do festival de Viveiro, que vivirá o próximo verán "a edición máis grande" nas máis de dúas décadas dun dos eventos referente no continente.
Farao con tres concertos nos que participarán sete grupos, tres proxeccións das películas que conforman o ciclo "Blow up... A música no cinema", e a presentación do último libro do xornalista musical Xavier Valiño. Tamén serán os derradeiros días para ver a exposición de fotografías coloreadas "Calle 52-W. Los rostros del jazz 1945-1948" na sala Riquela Club.
  comenta   0
Será este venres 15 na Sala Riquela dentro do ciclo de concertos do Outono Códax Festival 2024. Adiantando axenda, lembrar que o xoves 21 estarán na Sala Capitol 'Shannon & The Clams' e os encargados de telonealos serán o quinteto galego 'Mambas Negras'.
  comenta   0
Xurxo Souto protagoniza unha road movie na que, o que foi líder dos Diplomáticos de Monte Alto, vai viaxando por Galicia e conversando con persoas protagonistas daquel movemento e con músicas actuais que valoran o que significou e a relación co presente e futuro cultural galego.
  comenta   0
A programación deste ano, que se desenvolverá do 31 de outubro ao 23 de novembro, estará encabezada polas seguintes bandas: Fantastic Negrito, The Sheepdogs, Shannon & The Clams e The Jive Aces.
  comenta   0
Allariz organiza unha xornada para lembrar a súa figura o 21 de setembro e a Fundación Vicente Risco outra o vindeiro 28. Ademais, será a estrea en galego da ópera "Loba Branca" no Teatro Principal de Ourense o día 27 do mesmo mes.
  comenta   0
Será na xornada deste venres 13, con outros interesantes concertos como o de Fillas de Cassandra, García MC, Nación Quilombo, Miss Bolivia ou Muyayo Rif.
  comenta   0
O individuo mostraba as armas brancas "con actitude ameazante e intimidatoria, posiblemente por atoparse baixo os efectos das drogas, mentres realizaba o xesto de fregar fío contra fío cos brazos no alto", como relata a Garda Civil.
As actuacións musicais, con acceso libre e gratuíto, terán lugar este xoves 8 e venres 9 ás 21.00 horas na praza central da Cidade da Cultura, respectivamente.
Por Santiago pasarán, entre outros, o gañador dos Grammys ao mellor álbum de blues contemporáneo, Fantastic Negrito; os canadenses The Sheepdogs, que abren en Compostela a súa xira europea; e a californiana Shannon & The Clams. O festival celebrarase do 31 de outubro ao 23 de novembro.
  comenta   0
Será a 2ª edición e a organización vén de adiantar que contará, entre outros, con Uxía Lambona e A Banda Molona, A Gramola Gominola, Brais das Hortas, Peter Punk e Pakolas e Laura Romero.
  comenta   0
Calquer manual sobre conceptos básicos que non debe ignorar o usuario dun festival, fará referencia á necesidade de que cada asistente a este tipo de eventos deseñe o seu propio intinerario para non tolear. Pero foi inevitable pasar as duas primeiras horas de concertos intentando revolotear entre escenarios.
  comenta   0
A chuvia non afogou un evento que xunta a milleiros de persoas na capital das músicas extremas de Europa.
  comenta   0
A do artista británico é a última confirmación do festival Gozo Fest, que busca "desestacionalizar e deslocalizar" este tipo de eventos.
A cita celebrarase o 22 de xuño ás 20.00 horas e os que queiran asistir deberán obter a súa invitación gratis na dirección https://pago.ataquilla.com/#/event/X3AG3MYX/session/1T6NFP5E0?lang=es ou no despacho de billetes da praza de Ourense.
Na xornada deste venres de O Son do Camiño non faltou a variedade musical característica deste festival.
  comenta   0
Contactamos co grupo ourensán para coñecer a súa traxectoria, a súa filosofía e motivacións, así como tamén os seus plans de futuro.
  comenta   0
A cita, con entrada gratuíta, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas como Loita Amada, Tecor Societario, Catuxa Salom e Ugía Pedreira.
Obtiveron o 'Premio Radio 3 á Canción do ano', 'Premio SAE Spain á Mellor Produción Musical' e 'Mellor Gravación Electrónica'.
  comenta   0
Os "pratos fortes" son o grupo ZOO que actuará por última vez ou Os Chikos del Maíz que anunciaron unha "tregua indefinida".
O festival PortAmérica, que se celebrará en Caldas de Reis durante os días 4, 5 e 6 de xullo de 2024, esgotou os abonos da súa primeira fase, que se puxeron á venda este mesmo martes ás 12.00 horas. Agora, a organización avanzou que proximamente desvelará novas confirmacións e porá á venda a última cota de abonos.
  comenta   0
O festival PortAmérica, que se celebrará en Caldas de Reis durante os días 4, 5 e 6 de xullo de 2024, sacará os seus abonos á venda este martes a partir das 12.00 horas.
  comenta   0
O cartel de "Non hai entradas" volverase colgar este venres 24 de novembro na billeteira da sala Capitol de Santiago. É a quinta vez que ocorre nos seis concertos que Outono Códax leva programados en Compostela nesta edición.
  comenta   0
A súa programación, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas de referencia internacional unha representación do blues e do rock español e dúas bandas galegas representativas do panorama actual.
  comenta   0
Estes premios creáronse hai 14 anos co obxectivo de recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico galego.
  comenta   0
Tres grandes figuras da música negra, habituais nos mellores festivais do mundo de blues e de soul, encabezarán a 13ª edición do Outono Códax: Pokey Lafarge, Nick Waterhouse e Nikki Hill. O festival celebrarase do 3 ao 25 de novembro e, como novidade, un dos concertos será na Sala Clamores de Madrid.
  comenta   0
Chégase á segunda xornada do festival e polos escenarios de Vilaxoán pasarán Tropa do Carallo (o novo grupo de Evaristo Páramos), Rebeliom do Inframundo, La Regadera, Sheila Patricia e La Duendeneta
  comenta   0
A terraza das Bodegas Martín Códax volve abrir os xoves de xullo e agosto para ofrecer concertos cunha coidada variedade de estilos musicais. Ademais, a recadación destinarase a fins benéficos.
  comenta   0
A festividade, que estrea este ano a distinción de Interese Turístico Internacional, desenvolverase en Lugo desde o 22 ao 25 de xuño.
"Ferro e Pedra: Homeaxe ós precursores" contarán con versións de "Los Suaves", "Los Piratas", "Nordés" ou "Épsilon".
  comenta   0
Celebrarase en Vilaxoán do xoves 7 ao domingo 10 de setembro. Contará con bandas destacadas da escena galega, estatal e internacional, pero tamén con outras emerxentes e míticas galegas como, por exemplo, Lamatumbá ou Herdeiros da Crus
  comenta   0