Por Águeda Cernadas | Santiago de Compostela | 30/08/2023 | Actualizada ás 14:06
Comeza o final do verán, e con el o final do mes con máis festas de Galicia. Aínda así, todo o mundo quere seguir gozando. Galicia Confidencial fixo unha búsqueda para facilitarvos as mellores opcións e alongar, así, o verán un pouco máis.
A MÚSICA COMO PROTAGONISTA
No eido musical, a todo o mundo lle gusta un bo festival e aínda que moitas veces pensemos que estes son máis propios doutras zonas de España, Galicia ofrece unha gran oferta durante o verán e tamén no mes de setembro.
Co comezo do noveno mes do ano, o día 1 e 2 poderás desfrutar do Festival Osa do Mar en Burela, con entradas a partir de 15 euros e con artistas como Fillas de Casandra ou Xoél López. O día 2, en Salvaterra do Miño tamén poderás ver a Fillas de Casandra, esta vez acompañadas por Dakidarría ou Sés no Festival Poesía no Condado.
Se te desplazas ata Vilaxoán de Arousa o sete de setembro poderás acudir ás Revenidas, as entradas atópanse entre os 30 e os 65 euros e actúan artistas de diferentes estilos como o rap ou o rock. Entre os artistas que acudirán están Ska-P, Heredeiros da Crús ou The Rapants.
Ao día seguinte de comezar As Revenidas, o 8 de setembro, comezan dous festivais de música. O primeiro terá lugar na Coruña e é o Recorda Fest na súa primeira edición. Este arrinca con un potente cartel cos artistas máis coñecidos do indiepop como Taburete, Iván Ferreiro, Dorian, Despistados ou Miss Cafeína. O prezo oscila entre os 35 e os 60 euros. Pola outra banda, os mesmos días (8 e 9 de setembro), o Nachiños Fest arrincará en Covas, Ferrol cunha listaxe internacional de artistas entre os que se poden destacar a Alizz, Cupido ou Crystal Fighters.
O día 9, no Porriño comezará tamén unha das edicións do Negrita Music Festival, que fai tan só un días que anunciou que finalmente o fesitval duraría dous días. O seu cartel aínda non se revelou ao completo pero conta con cantantes de grande éxito mundial como Rels B, Melendi ou Cruz Cafuné. A maiores trae a festa Bresh, unha das máis coñecidas pola súa tradición de levar a famosos aos seus eventos.
DERRADEIRA QUINCENA
Finalizando a primeira quincena do mes, todavía quedan opcións para poder seguir disfrutando dos mellores artistas. O 15 e 16 de setembro comezará o Canteira Fest en Pontevedra, un evento con perspectiva feminista, ecoloxistas e de promoción cultural. A entrada costa 22 euros e actuarán persoeiros como Fillas de Casandra, Sés ou Terbutalina.
Estos mesmos días da comezo tamén o Caudal Fest en Lugo,un festival cun cartel que non deixa anadie indiferente ca presencia de artistas como Leiva, La La Love You, Vetusta Morla, Belén Aguilera ou Natalia Lacunza. Xa só quedan ás entradas por días ou o cuarto prazo para coller ambos días por préto dos 70 euros.
E xa para rematar o mes, os días 22, 23 e 24 de setembro terá lugar a 20º edición do Fene Rock en Ferrol, unha alternativa perfecta para os amantes do metal, do punk e por suposto do rock que só costa 20 euros. Entre os cabezas de cartel destacan Dakidarría, Heredeiros da Crús ou Me Fritos and the Gimme Cheetos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.