Zënzar, a banda de rock galego en activo máis vella do país

Celebrará o seu 35 aniversario cun concerto especial na Sala Capitol.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/10/2023 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A banda Zënzar está de aniversario. O grupo cercedense consolídase como a formación que máis anos ininterrompidos leva facendo rock en galego. 35 anos desde o seu debut. 35 anos bourando.

Bocixa, Paco e Silveira; Zënzar en directo na Capitol
Bocixa, Paco e Silveira; Zënzar en directo na Capitol | Fonte: Tonho Raandeira

A formación, que daquela eran Manuel Silveira, Manolo García, Xosé Antón Bocixa, Luís Gómez e Jose Antonio Regueiro (Tabe), debutan o 23 de decembro de 1988 no disco-pub Non Sei de A Silva. De aí que a data escollida para a festa de aniversario na compostelá Capitol sexa tan especial. E para tal ocasión, estarán rodeados de case unha ducia de amizades que estarán presentes en varios temas, desde os clásicos ata os máis novos.

E para celebrar este aniversario haberá un concerto na Sala Capital de Santigo. Non será o único, nin é a única cousa que están a preparar: a finais de novembro publicarán un videoclip cun tema novo, mentres que a súa baixista, a ilustradora Laura Romero, avanza no que será o libro (ilustrado) sobre a historia da banda. Unha publicación que verá a luz en marzo, e na que converxen decenas de voces que retratan e achegan unha historia, que comeza no 1976 e que aínda hoxe está viva, sobre a contracultura nun recuncho da xeografía galega que foi sempre fértil para o rock e o punk galegos.

As entradas están dispoñibles en formato dixital (www.ticketandroll.com) e a partir do día 6 de novembro en formato físico en puntos de Ordes, Cerceda, Carral e Santiago de Compostela. Máis información sobre os puntos de venda e outros detalles sobre o concerto na web da banda (www.zenzar.info). As persoas que conforman Zënzar na actualidade son Manolo García á batería, e membro fundador, Xose Antón Bocixa á voz, fundador tamén, Mario Grela á guitarra e coros, Paco Cerdeira (Pakolas) á outra guitarra e coros, e Laura Romero ao baixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta