Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/11/2024 | Actualizada ás 21:37
Continuando co programa do Outono Códax Festival deste ano chegan a Santiago "Los Tiki Phantoms", o cuarteto de música instrumental máis divertido e bailable da escena do surf rock estatal. "O seu é un tsunami de surf rock visceral e sen complicacións que arroia e pon patas arriba todo o que atopa ao seu paso" din dende a organización.
Os compoñentes deste grupo son El Dorado (guitarra solista), El Caníbal (guitarra rítmica), El Jíbaro (baixo) e El Bravo (batería) e levan case tres décadas enriba dos escenarios, con presenzas en festivais de tanto calibre como o FIB, o Cruïlla, o Low Cost ou o Sonorama. Caracterizados por aparecer sempre nos seus concertos vestidos cun traxe negro e agachados tras unha máscara de caveira na cara.
As entradas teñen un prezo de 15 euros (+gx) en venda anticipada e 18 euros (+gx) na billeteira, cun aforo moi limitado. Están tamén á venda física en A Reixa-Matrioska e tamén na páxina web ataquilla.com.
ADIANTANDO AXENDA
O xoves 21 xoves de novembro estará no Outono Códax unha das bandas máis agardados polo festival, Shannon & The Clams. Unha banda californiana con influencias do garaje rock, soul dos sesenta, doo wop e a primera psicodelia apadriñada e producida por Dan Auerbach, vocalista e guitarrista de The Black Keys, grupo ao que acompañan nas súas xirasn internacionais
Shannon & The Clams pechará en Santiago a súa xira europea, na que están a presentar o seu sétimo disco, The Moon Is In the Wrong Place, editado neste 2024, trala morte do prometido de Shannon Shaw nun accidente de coche, a poucas semanas da súa voda.
O concerto será na sala Capitol (apertura de portas ás 20.30 h) e os encargados de abrilo serán Mambas Negras, quinteto formado por grandes músicos galegos cunha ampla traxectoria, como Óscar Avendaño (The Bo Derek's, Siniestro Total), Andres Cunha (Siniestro Total) ou Toño López (The Soul Jacket).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.