Por Galicia Confidencial | | 05/06/2023 | Actualizada ás 19:50
Eme Dj, Nebulossa, De Ninghures, Ani Baires y Law únense ao cartel de Atlantic Fest 2023, sumándose ás actuacións confirmadas de Leiva, Viva Suecia, Sidecars, Sidonie, The Guapos, León Benavente, J de Los planetas presentando en directo "Plena Pausa”, La Bien Querida, Cupido, Cariño, Joe Crepúsculo, Abraham Boba, Núria Graham, Rocío Saiz, Melenas, Adiós Amores, Carlos Risco, Lontreira e Dani Cornes.
Eme DJ (Marta Fierro) é unha DJ, productora, formadora de DJ’s con máis de 17 anos de experiencia e 1000 actuacións as súas costas. Destaca polas súas sesións eclécticas donde se adapta perfectamente ao público, horario, ambiente e lugar mesturando pop, disco, funk, hip- hop, indie, rock, soul, breakbeat ou house.
Pola súa parte, a banda de pop electrónico Nebulossa, formada por María Bas e Mark Dasousa, Nebulossa, defende unha música baseada en sons e melodías dos anos oitenta e o seu leit motiv é "moito pop e moito sinte".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.