Pakolas, o Museo do Pobo Galego, Orgullo Galego e Daniel Romeu, premios Rosalía de Castro

Estes premios creáronse hai 14 anos co obxectivo de recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2023 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Pakolas, Museo do Pobo Galego, Orgullo Galego e o xestor Daniel Romeu recolleron os premios Rosalía de Castro da Deputación da Coruña na súa XIV edición. Foi nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego con presenza da deputada de Lingua, Soledad Agra, e da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

Estes premios creáronse hai 14 anos co obxectivo de recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico galego. "Tamén valoran dunha maneira especial o traballo cos sectores de especial relevancia para o futuro galego", sinala a institución provincial.

Na categoría de persoa o premio foi ao xestor de actividades culturais do Concello de Fene Daniel Romeu. Na categoría de entidades recibiu o premio exaequo o Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego. No ámbito de dinamización lingüística escolleuse a proposta 'Pakolas. Rock infantil e familiar en galego'.

Grupo Pakolas
Grupo Pakolas | Fonte: Pakolas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta