Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/10/2024 | Actualizada ás 11:00
Unha das actividades para festexar as vodas de prata de Xantar 2024 será o “I Concurso Mellor Burger de Galicia” que está promovido polo chef Martín Fernández, do Restarante Bágoa de Ourense, autor da “Mellor Hamburguesa Gourmet de España 2024”.Para poñer en marcha este concurso, que se celebrará o sábado 26 de outubro en Xantar, conta coa colaboración de Expourense e da Unión de Hostaleiros Ourensáns (UHO).
Este concurso está aberto a profesionais da hostalería de toda Galicia que poden incribirse no concurso ata o vindeiro día 20 de outubro. Cada participante terá que presentar unha hamburguesa inédita e orixinal, que non sexa copiada nin que xa estea incluída no menú do restaurante do participante. Os ingredientes empregados terán que ser, nun mínimo do 80%, produtos galegos.
Contará cun xurado profesional e a entrega de premios terá lugar o domingo 27 de outubro durante o acto de clausura de Xantar 2024.
CLASIFICACIÓN E PREMIADOS
Haberá 3 clasificados (1º, 2º e 3º posto) que recibirán de premios varios lotes de productos das empresas colaboradoras do Concurso (Coren, Carnes Parente, Queixos Amalia e o propio Restrante Bágoa).
As bases de participación e o formulario de inscrición están dispoñibles na web de Xantar 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.