'Ourense Vinis Terrae', un escaparate comercial para 23 países

O Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrarase en Expourense os días 5 e 6 de xuño. Contará coa participación de 64 expositores e un túnel de caldos e espirituosos con 116 referencias.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/06/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Ourense Vinis Terrae celebrarase os 5 e 6 de xuño en Expourense consolidado como o único salón exclusivamente profesional e destinado aos viños autóctonos. De carácter bienal, o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrará a súa décima edición que contará coa participación de importadores e compradores de 23 países que terán a oportunidade de coñecer as últimas anadas de adegas expositoras.

Ourense Vinis Terrae celebrarase o 5 e 6 de xuño con compradores de máis de 20 países. VINIS TERRAE
Ourense Vinis Terrae celebrarase o 5 e 6 de xuño con compradores de máis de 20 países. VINIS TERRAE

As cinco Denominacións de Orixe galegas estarán presentes, sendo 4 delas da provincia de Ourense (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras). A estas únense a D.O. Rías Baixas, o Consello Regulador de Licores e Augardentes de Galicia e as IXP de Viños de Galicia como Val do Miño e Barbanza e Iria.

Esta edición contará coa participación de 64 expositores entre os que poden atoparse adegas e consellos reguladores e unha caseta da Agrupación industrial de Turismo de Galicia que promociona os distintos roteiros do viño galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta