Expourense presenta 'Termatalia' e 'Xantar' en Portugal

Fíxoo na Bolsa de Turismo de Lisboa (BTL), principal evento profesional de turismo do país veciño.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 07/03/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A presentación das feiras internacionais Termatalia e Xantar, que correu a cargo do vicepresidente e xerente de Expourense –Inácio Ribeiro e Rogelio Martínez respectivamente-- tivo lugar o pasado venres 4 de marzo no stand que a Entidade de Turismo Porto e Norte de Portugal tiñan no prestixioso evento BTL (Bolsa de Turismo de Lisboa).

Presentaión de Termatalia e Xantar na BTL (Bolsa de Turismo de Lisboa). Foto: Expourense.
Presentaión de Termatalia e Xantar na BTL (Bolsa de Turismo de Lisboa). Foto: Expourense.

No acto estiveron presentes representantes das cámaras municipais e das confrarías gastronómicas e enófilas de todo Portugal e empresarios do sector do turismo relacionados co termalismo e coa enogastronomía.

A presentación de Expourense contribuíu a visibilizar a estreita colaboración que mantén con Turismo Porto e Norte contribuíndo tamén a promover internacionalmente o destino común de Galicia e Norte de Portugal.

As dúas feiras presentadas foron, como comentamos, Termatalia –Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar-- que este ano se celebra en Uruguay do 4 ao 6 de outubro; e Xantar .--Salón Internacional de Turismo Gastronómico-- que se celebrará entre o 2 e o 5 de novembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta