A Asociación de Medios en Galego, na que está integrada Galicia Confidencial, reivindica con este concerto a importancia que teñen os medios en galego.
  comenta   0
A futura planta de hidróxeno contará cunha capacidade máxima de produción de 17,9 kg/h, 1 megawatt e todo o hidróxeno producido destinarase á mobilidade, así como en maquinaria do porto.
  comenta   0
A terminal viguesa destaca pola intensidade das inspeccións, con 4.000 colectores sospeitosos revisados nun ano
Segundo trasladaron fontes da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, "a vertedura está controlada" e foi xerada por unha embarcación marisqueira que estaba en seco e non sobre a auga.
  comenta   0
O subdelegado do Goberno, Abel Losada, sinalaba nas últimas horas que a investigación trata de confirmar se este cargamento de droga está relacionado con algunhas das últimas aprehensións de cocaína.
A localidade de Porto, no pequeno concello de Pontecesures, leva dende o 2003 amosando ao mundo como se pode crear un Belén Artesanal de xeito sustentable. Aínda estás a tempo de visitalo!
  comenta   0
Segundo informou o 112 Galicia, carece de combustibles e aceites que "poidan ocasionar unha contaminación da auga".
  comenta   0
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña outorgou hoxe unha concesión á Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) para a construción dun centro de seguridade alimentaria no porto exterior.
Nun comunicado, a Autoridade Portuaria destacou esta "extraordinaria xornada", na cal tamén se bateu a marca de bakas de Gran Sol, chegando a 13, "cando normalmente descargan catro ou cinco".
"Chega un punto no que o mundo das 'influencers' están a crear expectativas que son irrealistas para gran parte das novas xeracións, trasladándolles mundos de fantasía e de consumismo nos que semella que xa non importa quen somos, senon máis ben o que temos, o que mercamos, o que podemos adquirir... E iso xa me estaba a irritar un pouco", cóntanos esta tudense.
  comenta   0
"Non é aceptable que a conexión prioritaria sexa con Madrid, mentres a nosa Eurorrexión segue esperando", lamentou o presidente da Xunta
  comenta   0
Segundo informa a Autoridade Portuaria, no marco do convenio de colaboración que mantén con Sasemar, iniciou o proceso para habilitar un almacén para a entidade neste espazo.
En declaracións remitidas aos medios, o alcalde de Vigo referiuse ao acto cívico convocado para este mércores pola Xunta en defensa desa conexión ferroviaria (no que vai participar o alcalde do Porto, Rui Moreira), e reclamou ao PP que acuda a ese acto "co visto e prace" de Portugal ao prazo de 2030, porque, lembrou Caballero, foi Portugal o que pediu atrasalo a 2032.
Segundo informou o sindicato CIG, o acordo alcanzado supón "unha mellora significativa a nivel de vacacións, tanto no número de días, como na súa retribución", establece a "interrupción das obras durante as vacacións de Nadal (do 23 de decembro ao 7 de xaneiro), e "achega unha solución xeneralizada para o cálculo das retencións que se lle aplican nas nóminas do persoal, cuestión que xeraba continuos problemas".
Besteiro resalta que nin a Feijóo nin a Rueda "lles importou esta infraestrutura cando o PP gobernaba en España, cando nin sequera a contemplaban".
O secretario comarcal da FCM-CIG, Marío Maceiras, sinalou que "máis aló das boas palabras", á porta do mes de decembro, os traballadores "seguen sen coñecer" cando gozarán das vacacións anuais "nin como llas retribuirán".
O Pleno do Senado aprobou este mércores, grazas á maioría absoluta do PP, unha iniciativa do BNG para forzar ao Goberno a finalizar en 2030 a construción do saída sur de Vigo da liña de alta velocidade entre Lisboa e Galicia, así como outras melloras ferroviarias nesta comunidade.
"Lémbrolles que nesa (primeira) resposta pedímoslles que asumisen as prioridades da cidade e que, se pedían perdón por deixala sen tren de alta velocidade, aínda que fóra con 20 anos de atraso, estariamos dispostos a falar", expón a tenente de Alcalde, Carmela Silva.
A deputada viguesa Irene Garrido reclamou ao Ministerio que xustifique a súa decisión de "priorizar" a liña Madrid-Lisboa fronte á conexión do Eixo Atlántico
  comenta   0
Segundo apuntou a Xunta, o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu en 2021 non autorizar máis vertidos de áridos no punto exterior de Sálvora, autorizado para esta actividade durante as últimas dúas décadas. Esta obra "paralizou todos os dragados do litoral galego ao sur de Muros", sinala.
  comenta   0
O presidente da Xunta sinala a "afinidade lingüística" entre Galicia e Portugal e reclama o estatuto do traballador transfronteirizo
  comenta   0
O Proxecto Libera caracterizou 4.786 residuos e recolleu máis de 30 quilos de basuraleza en 35 puntos da costa, entre os que destacan a praia de Salseira de Caracoleiro (A Coruña), Bueu (Pontevedra) e o porto de Santa Uxía de Ribeira (A Coruña).
  comenta   0
Villares informou de que Portos de Galicia recibiu, despois de anos de tramitación administrativa, o informe inicial de adscrición dos terreos do Estado á Xunta.