Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2025 | Actualizada ás 11:23
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas para que o Goberno axilice a tramitación para autorizar a reversión dos terreos portuarios de municipios como Rianxo, Ribeira ou Porto do Son para que poidan asumir a súa titularidade e xestión.
Tal e como explicaron os nacionalistas nunha nota de prensa, Rego sinalou a necesidade de que leve a cabo este trámite o máis axiña posible para que os concellos non teñan que "seguir asumindo os custos de mantemento das zonas propiedade de Portos de Galicia e o pago de taxas".
Para esta cesión, detallou o Bloque, é necesario contar co visto e prace do Goberno central para poder proceder a reverter estes terreos aos concellos, por situarse en dominio público marítimo terrestre. "É a administración xeral a que ten a capacidade para autorizar a reversión pero tamén a facultade de decidir que permanezan adscritos ao Estado como dominio público marítimo terrestre", destacou o deputado do BNG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.