Atopan o corpo dun home flotando no porto de Aldán, en Cangas

Trátase dun pescador da zona.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/01/2025 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun home de 68 anos veciño de Cangas foi localizado nas últimas horas flotando en augas do porto de Aldán, segundo informaron o CIAE 112-Galicia. Tal como relatan fontes da Garda Civil, a primeira alerta foi recibida pola Benemérita pasadas as 23.00 horas deste domingo, sendo a muller do home a que avisaba de que o seu home saira a pescar coa súa cana na súa bicicleta e non volvera a casa.

A ría de Aldán.
A ría de Aldán.

Desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias-061, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, bombeiros do Morrazo, Policía Local e Protección Civil de Cangas. A Garda Civil mobilizou unha embarcación, aínda que finalmente o corpo puido ser rescatado da auga cunha corda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta