Detido por levar cinco quilos de haxix pola A-6

O home é un veciño da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a un home de 31 anos de idade, veciño da Coruña, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, tras atopar no seu coche cinco quilos do que parecía haxix.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, os feitos ocorreron o pasado venres, no marco dun operativo de prevención de seguridade cidadá. Os axentes da USECIC deron o alto a un turismo no punto quilométrico 500 da autovía A-6, no termo municipal de Lugo.

Ante a actitude de nerviosismo do condutor, os gardas realizado un rexistro ao vehículo, e atoparon unha bolsa con cinco paquetes envoltos con cinta de embalar marrón, que desprendían un forte cheiro a haxix. O condutor foi detido e posto a disposición xudicial.

Detido un condutor ao que se lle interviñeron cinco quilos de haxix no seu coche, cando circulaba pola A-6. GARDA CIVIL
Detido un condutor ao que se lle interviñeron cinco quilos de haxix no seu coche, cando circulaba pola A-6. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta