O manancial dos Baños de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, xa conta coa condición de auga termal para uso lúdico

Esta declaración é un "requisito indispensable" para que o Concello poida solicitar o recoñecemento do aproveitamento lúdico para estas instalacións.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/01/2025 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, informou de que a Xunta de Galicia vén de declarar a condición de auga termal para uso lúdico ao manancial dos Baños de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade. O director xeral, acompañado polo alcalde, Jorge Cubela, visitou este luns este enclave, onde indicou que esta declaración é un "requisito indispensable" para que o Concello poida solicitar o recoñecemento do aproveitamento lúdico para estas instalacións.

A acción prodúcese en virtude a Lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia e despois de recibir a pasada semana o último informe do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Trátase dunha norma pioneira en Europa que se aprobou en 2019 para dar un marco normativo adecuado, tanto desde o punto de vista xurídico como sanitario, ás instalacións termais de uso lúdico que existen en Galicia e que supoñen "un importante foco turístico", apunta a Xunta.

A semana pasada o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou o novo Plan de Turismo Termal como folla de ruta para afianzar a comunidade como potencia no sector con máis de 10 millóns de euros ata 2028. Galicia é a segunda rexión de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais e conta co 20 % da oferta termal de toda España.

Os Baños de San Xusto (Cercedo-Cotobade) exemplo de sustentabilidade, inclusión e beleza en Bruxelas
Os Baños de San Xusto (Cercedo-Cotobade) exemplo de sustentabilidade, inclusión e beleza en Bruxelas | Fonte: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta