O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
A Garda Civil investiga as circunstancias que rodean a aparición do corpo sen vida da muller. O condutor do coche era un home, ao que os bombeiros rescataron con vida.
Segundo informou a Xunta, os axentes tramitaron sete actas de sanción pola lei de pesca de Galicia.
  comenta   0
A Consellería do Mar destacou "a mellora do stock" da ameixa babosa de talla comercial en Bohío respecto das mesmas datas pero en 2023, e aínda que Os Lombos "non presenta uns resultados óptimos", decidiron incluír a súa apertura para "velar polo equilibrio económico e social" desta actividade pesqueira.
  comenta   0
Segundo a información recibida polos rescatistas, o menor saltara desde o peirao ao mar desde unha altura de aproximadamente tres metros, sen darse conta que nese momento pasaba unha embarcación, ao tratarse dunha zona de amarre e é alí onde el caeu.
Cando os membros do GES chegaron ata o ferido comprobaron que non podía camiñar nin tampouco era posible transportalo nunha padiola. Ante esta situación, o 112 solicitou a intervención do helicóptero Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia.
  comenta   0
A Xunta di que o volume "seguramente sexa moi pequeno" e ofrece os seus medios aéreos para colaborar na busca de restos.
  comenta   0
O palangreiro 'Argos Georgia', de 54 metros de eslora e 13 de manga, con 27 tripulantes a bordo, solicitou axuda a 200 millas ao leste de Stanley, nas Illas Malvinas. Segundo informou Salvamento Marítimo, tiña unha vía de auga provocada por unha treboada.
  comenta   0
Lili, da asociación Limpia Arousa, lamenta que a pesares de ter avisado a todas as administracións, Concello, Policía Local, 112, Costas, Salvamento e Portos, "bótanse os balóns uns aos outros, pero o poste segue aquí e xa se está descompoñendo".
  comenta   0
O financiamento do Fempa cubre o 70% do custo das novas patrulleiras lixeiras, que substituirán buques antigos en Portonovo e Portosín, mellorando a operatividade e eficiencia do servizo.
  comenta   0
O accidente ocorreu nunha zona de difícil acceso, polo que o corpo foi evacuado nun helicóptero de Gardacostas.
  comenta   0
A embarcación, que participa nunha regata entre Francia e Martinica, foi atopada sen o seu tripulante tras o aviso dos organizadores.
  comenta   0
O operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, activouse despois de que un particular, minutos antes das 20.00 horas, informou de que presenciara como unha planadora envorcaba á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
O aviso deuse pouco antes das 20.00 horas, cando un particular informou de que presenciara como unha planadora envorcaba na Costa da Vela, á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
O home, de fala francesa, estaba nun lugar de fácil acceso, xustamente á beira das escaleiras de baixada á praia.
Desactiva o plan anticontaminación autonómico ante a "baixa incidencia" na chegada de pélets á costa.
  comenta   0
Desde a agrupación coñecida como Poseidón denuncian á Consellería do Mar polo trato discriminatorio. Por parte da institución falan do conflicto entre os dous colectivos da mesma entidade.
  comenta   0