Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/07/2024 | Actualizada ás 13:05
Catro persoas tiveron que ser rescatadas na tarde deste pasado martes en Moaña tras afundirse un barco mentres participaba na procesión do Día do Carme. Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 20.15 horas e foi a propia Garda Civil a que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de que unha embarcación envorcara na zona de Punta Lagoa, fronte á costa de Moaña.
Despois, un particular informaba de que todos os tripulantes foran rescatados en barcos particulares e que non resultaron feridos. Pola súa banda, a embarcación afundida estaba a ser remolcada por un bateero que participaba na procesión.
Os voluntarios de Protección Civil tamén confirmaron que todos os ocupantes, en total catro persoal, estaban ilesos e foran trasladados a porto. Salvamento Marítimo desprazou ata o lugar a súa lancha Salvamar Mirach, mentres que tamén se deu aviso ao Servizo de Gardacostas de Galicia e á Policía Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.