Ferida unha monitoria tras caer dentro dun bus escolar

O accidente tivo lugar en Vilagarcía de Arousa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2025 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Unha monitoria de bus escolar resultou ferida tras caer dentro do vehículo na localidade pontevedresa de Vilagarcía.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos despois das 16.00 horas deste pasado mércores e foi a propia condutora do autobús a que alertou de que a muller estaba inconsciente tras caer e darse un golpe na cabeza.

Por iso, trasladáronse ao momento os servizos sanitarios, así como o servizo municipal de emerxencias, a agrupación de voluntarios de Protección Civil e a Policía Local. Unha vez alí, estes confirmaron que a muller xa estaba consciente.

Bus escolar
Bus escolar | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta