Por Europa Press / Redacción | VIGO | 21/10/2024 | Actualizada ás 18:06
Salvamento Marítimo rescatou na tarde deste luns a tres tripulantes dun pesqueiro galego que sufriu unha vía de auga entre as Illas Cíes e Ons. En concreto, segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, foi sobre as 16.15 horas cando Salvamento solicitou a colaboración dos servizos de emerxencia, para saber se a Garda Civil dispuña dalgunha embarcación para acudir ao momento.
Con todo, finalmente foi a lancha de Salvamento 'Salvamar Mirach', con base en Cangas, a que partiu cunha bomba de auga para tratar de achicar a auga que entrara na embarcación, que se estaba afundindo. Para o operativo tamén se mobilizou un helicoptero de Gardacostas de Galicia, así como unha patrulleira da Garda Civil.
Precisamente fontes da Benemérita confirmaron a Europa Press que Salvamento está a remolcar ao pesqueiro cara ao porto de Cangas, mentres que a súa lancha realiza labores de acompañamento por se fose necesaria máis axuda. Os tres ocupantes da embarcación, un pesqueiro con base en Aldán (Cangas), están en bo estado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.