Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2025 | Actualizada ás 19:55
Ourense rexistrou este mércores a temperatura máxima de Galicia, con 32,3ª, nunha xornada na que varias localidades da provincia de Pontevedra tamén viron como os termómetros superaban os 30ª.
Ademais, segundo a información de Meteogalicia, en Vigo, con 29,4º, e en Santiago de Compostela, con 28ª, tamén se rexistraron valores próximos aos 30ª.
Precisamente, o departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente publicou unha mensaxe no seu perfil da rede social Twitter no que sinala que ter valores por encima dos 30ª en abril non é novo, tendo en conta que xa o 7 de abril de 2011 gran parte de Galicia estivo por encima desta cifra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.