O PSOE de Cambre critica que UxC lle entregue o goberno ao PP

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2025 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Cambre criticou a abstención anunciada por Unión por Cambre (UxC), que "deixará o Goberno local" en mans do Partido Popular o vindeiro luns, cando se celebrará o pleno de investidura da nova corporación.

"Ao non presentar candidatura propia nin apoiar unha alternativa progresista, UxC facilita así un cambio de goberno que entrega o bastón de mando á dereita", lamentan. Critican que, no canto de buscar unha saída "progresista", UxC propuxese unha fórmula de goberno conxunta entre PSOE, BNG e PP, que desde o PSOE tachan de "sen sentido político nin respaldo democrático".

Para os socialistas, é un intento de "condicionar" a gobernabilidade "desde a renuncia, sen asumir responsabilidades". "Decidiron non gobernar, pero tamén decidiron que gobernase o PP. É unha decisión política consciente, non unha consecuencia inevitable", aseguran desde o PSOE.

Pleno de Cambre CONCELLO DE CAMBRE
Pleno de Cambre CONCELLO DE CAMBRE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta