A Garda Civil de Poio asumirá o seguimento ás vítimas de violencia de xénero pola falta de policías locais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2025 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A Garda Civil asumirá provisionalmente durante o próximos catro meses o seguimento de catro vítimas de risco baixo e non apreciado en Poio ante o cadro de persoal "precario" da Policía Local, que conta con sete axentes sobre un total de 13, co compromiso do Concello de cubrir estas vacantes.

Esta decisión foi tomada, este mércores, na Xunta Local de Seguridade de Poio, copresidida polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e o alcalde do municipio, Ángel Moldes, segundo informou nun comunicado a Sudelegación do Goberno.

Abel Losada recalcou que Poio está adherido ao convenio VioGén e debe cumprir coas súas obrigacións, ademais das previstas no que se desenvolve a cooperación entre Garda Civil e Policía Local. Con todo, aceptouse que o Instituto Armado realice temporalmente o seguimento deste catro vítimas.

Pasado ese tempo reavaliarán a situación e tomarán unha decisión definitiva, tendo en conta que Moldes anticipou as súas previsións de cubrir vacantes e incorporar axentes en prácticas.

A xefa da Unidade de Prevención da Violencia da Subdelegación do Goberno, María José Rodríguez, explicou que en Poio hai 42 vítimas no sistema VioGen das que ningunha está en risco extremo, unha no alto, seis no medio, 16 en baixo e 19 non apreciado.

Xunta Local de Seguridade de Poio. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA
Xunta Local de Seguridade de Poio. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta