Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2024 | Actualizada ás 12:17
O pesqueiro 'Ariño', con base no Grove, é remolcado ao porto de Aguiño, en Ribeira, tras sufrir unha vía de auga fronte á costa de Corrubedo. Os seu tres tripulantes permanecen a salvo.
Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, o suceso tivo lugar ás 8,10 horas, cando o pesqueiro emitiu unha chamada na que alertaba de que sufría unha vía de auga.
Ante iso, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo con base en Fisterra mobilizou á Salmar Regulos e ao helicóptero Pesca 1 dos Gardacostas. Os servizos de emerxencia axudaron aos tripulantes a controlar a vía de auga con bombas de achique e, unha vez taponada, iniciaron o remolque da embarcación ao porto de Aguiño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.