O centro de coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra recibiu o aviso sobre as 23.50 horas deste martes cando o barco se atopaba a catro millas náuticas ao noroeste de Fisterra.
  comenta   0
O submarinista refugou a idea de chegar a nado á costa e xa se preparaba para pasar a noite con traxe de neopreno a unha sensación térmica inferior a catro graos.
  comenta   0
Até o lugar mobilizouse o helicóptero 'Helimer 401' que trasladou á muller ao aeroporto da Coruña, onde a esperaba unha ambulancia para levala ao hospital.
  comenta   0
O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
Unha dotación de emerxencias esperará a chegada do ferido ao aeroporto da Coruña a bordo do helicóptero Helimer de Salvamento Marítimo, sobre as dez da noite.
  comenta   0
En concreto, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Vigo tivo que atender 30 incidencias cun total de 82 persoas asistidas; o de Fisterra acudiu en 25 ocasións para atender a 53 persoas; e o da Coruña asistiu en 16 ocasións a un total de 45 persoas.
  comenta   0
O falecido despareció na noite do 30 de setembro. Ao día seguinte, a súa familia presentou unha denuncia ante a Garda Civil despois de que non regresase a casa tras saír a pescar a noite anterior.
  comenta   0
O buque oceanográfico Ramón Margalef tivo que ser remolcado tras quedar á deriva fronte á costa da Coruña, segundo informaron a Europa Press desde Salvamento Marítimo.
Salvamento Marítimo remolcou ao veleiro belga, con 2 tripulantes. Durante a manobra de remolque, a tripulante resulta gravemente ferida nunha man e é evacuada polo Helimer 402.
  comenta   0
O implicado resultou ileso e foi auxiliado por un pesqueiro, que remolcou a súa embarcación ata terra
  comenta   0
Salvamento "non ten un sospeitoso" xa que as imaxes satélites recentes "non alertan" de ningunha detección "nin hai noticia" de ningunha descarga operacional nin accidental.
  comenta   0
Manuel Capeáns, xefe do Centro de Coordinación do Tráfico e Salvamento Marítimo de Fisterra, explica que aínda que o barco estaba en augas de titularidade británica, solicitouse colaboración a España e foi Salvamento de Fisterra o que mobilizou ao helicóptero Helimer 401 para proceder á evacuación do ferido.
  comenta   0
O operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, activouse despois de que un particular, minutos antes das 20.00 horas, informou de que presenciara como unha planadora envorcaba á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
O aviso deuse pouco antes das 20.00 horas, cando un particular informou de que presenciara como unha planadora envorcaba na Costa da Vela, á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
Os traballadores do Centro de Coordinación do Tráfico e Salvamento Marítimo de Fisterra explican a Galicia Confidencial como realizan a xestión dunha emerxencia dende que reciben o aviso por parte dun particular ata que deciden os medios a despregar, coa dificultade que en moitas ocasións supón o ubicar exactamente no lugar onde se produxo o suceso. Tamén somos testigos dun episodio directo de vixilancia sobre a contaminación dos mares.
  comenta   0
Aínda que o máis visual do traballo de Salvamento son os medios técnicos, detrás deles hai unha liña de traballadores que están monitoreando continuamente o que acontece no mar e que son os que evalúan cada situación e mandan os medios correspondentes para facerlle fronte.
  comenta   0
Sobre as 13.00 horas, Salvamento Marítimo da Coruña escoitou por radio que o pesqueiro informaba de problemas no motor principal.
O Galicia Confidencial tivo a oportunidade de visitar o centro de coordinación de Tráfico e Salvamento Marítimo en Fisterra da man do seu xefe, Manuel Capeáns Álvarez, que nos profundou na labor que realizan dende esta unidade. No 2023 atenderon 469 persoas e controlaron 38.259 buques que pasaron fronte ás nosas costas.
  comenta   0
O barco mercante 'Albiz', que levaba troncos de eucalipto, quedou varado na mañá deste xoves nunha lingua de area das augas portuarias de Ribadeo. O capitán do barco contratou os servizos de dous remolcadores de Sertosa situados no porto de San Cibrao, no municipio de Cervo, para axudalo a saír do seu varamento.
A Audiencia Nacional deu a razón aos traballadores na demanda interposta pola modificación das súas condicións de traballo, segundo informou CC.OO.
  comenta   0
O venres pola tarde perdérase o sinal dun petroleiro de bandeira de Palaos fronte ás costas galegas, a 60 millas. Manuel Capeáns, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, detalla a Galicia Confidencial que este suceso ocorre cunha media de 25 dos 36.000 barcos que anualmente pasan fronte ás costas galegas.
  comenta   0
A sección sindical de CC.OO. en Salvamento Marítimo (Sasemar) denunciou que "queren utilizar" os dispositivos de 'home morto' nos centros de coordinación para "consolidar" as gardas en solitario.
  comenta   0
A organización sindical criticou a adopción de medidas "unilaterais" que, segundo CSIF, "desembocarán en que os controladores fagan gardas en solitario", incluíndo as da quenda de noite.
  comenta   0
O operativo posto en marcha por Salvamento Marítimo evacuou aos mariñeiros en apenas 38 minutos desde que se recibiu a chamada de alerta.
A embarcación Praja Primeiro rescatou a dous deles. É a segunda vez que salva a mariñeiros de embarcacións envocardas.
  comenta   0
Así o aseguran dende a Xunta. O helicóptero de Salvamento Marítimo buscou pélets na zona de Valdoviño onde Gardacostas atopou un saco intacto, pero non obtivo resultados. Rueda ironiza con que "atópanos os pescadores e o Goberno non atopa nada".
  comenta   0
A Xunta mantén activo este sábado un operativo de 300 persoas en 54 praias de 35 concellos, cun dispositivo con dous helicópteros, cinco buques e sete embarcacións no mar. O avión de Salvamento Marítimo sobrevoou este sábado a zona de cabo Silleiro-Ortegal sen atopar sacos de pélets
  comenta   0
A vicepresidenta segunda da Xunta, Ángeles Vázquez, recoñeceu este venres que Salvamento Marítimo informou nunha comunicación co 112 o 24 de decembro de que tiñan rexistradas "varias incidencias" por localización de plásticos na costa dos que analizaban se podían ter "relación cun buque" que "podería perder" colectores no mar.
  comenta   0
Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), Unión Genereal de Traballadores (UXT), o de Salvamento Marítico (SSM), a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) e a Confederación Xeral do Traballo (CXT).
  comenta   0
Pídese á cidadanía que se se achegan ás praias "non as toquen" e que respecten as indicacións dos servizos de salvamento marítimo
Foi necesaria a coordinación entre medios aéreos, marítimos e terrestres para evacuar aos catro feridos. Dous deles foron trasladados a bordo do helicóptero de rescate 'Pesca I', de Gardacostas de Galicia, mentres que os outros dous tiveron que ser evacuados pola embarcación 'Salvamar Mirach', de Salvamento Marítimo.
O Grupo de investigación internacional Orca Atlántica (GTOA) identificou aos dous exemplares, ambos machos, un de dez anos e outro de seis, irmáns.
  comenta   0
Segundo informou o 112, o suceso produciuse na praia de Rebordelo, onde as dúas mozas introducíronse no mar cunha táboa e levounas a corrente.
  comenta   0