Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2025 | Actualizada ás 12:34
Unha pasaxeira do cruceiro 'Spirit of adverture', de 80 anos de idade, necesitou ser evacuada en helicóptero, cando o barco se atopaba a unhas 23 millas ao oeste de cabo Fisterra, debido a unha emerxencia médica. Segundo informa Salvamento Marítimo, alertouse desta emerxencia na madrugada deste sábado, polo que o centro de Fisterra mobilizou ao helicóptero Helimer 401 ata o cruceiro. De tal forma, a muller foi trasladada ao aeroporto da Coruña, onde aterrou no aeroporto de Alvedro ás 6.00 horas deste sábado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.