Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/01/2025 | Actualizada ás 19:24
Un home, de 58 anos, foi evacuado en helicóptero tras saírse da vía co seu vehículo e precipitarse por un barranco duns 80 metros no lugar de Paradiña, en Monterrei. Segundo informou a Garda Civil, o home, veciño da localidade pontevedresa de Sanxenxo, perdeu o control do seu vehículo e caeu por un barranco ata a canle dun regato. Ata o punto mobilizouse o helicóptero Pesca 1, que rescatou ao home e trasladouno ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), os Bombeiros e GES de Laza, unha ambulancia do 061 e axentes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.