Alerta amarela este domingo por temporal costeiro no litoral da Coruña e Rías Baixas e por frío no sur de Ourense

Durante o domingo chegará unha fronte que deixará ceos cubertos con precipitacións e provocará que as temperaturas mínimas suban e baixen as máximas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 18/01/2025 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O litoral da provincia da Coruña e as rías Baixas activa este domingo a alerta amarela por temporal costeiro e o sur da provincia de Ourense por frío. Así o mostra a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) na súa páxina web, que indica que en Ourense os termómetros poden chegar a alcanzar os -4 graos.

Así mesmo, no litoral espérase vento con refachos de 50 a 61 quilómetros por hora e mar combinado con ondas de catro a cinco metros de altura. Durante o domingo chegará unha fronte que deixará ceos cubertos con precipitacións e provocará que as temperaturas mínimas suban e baixen as máximas.

Ondada na Ría de Vigo, a 17 de outubro de 2023, en Cangas
Ondada na Ría de Vigo, a 17 de outubro de 2023, en Cangas | Fonte: Agostime - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta