Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/08/2024 | Actualizada ás 10:31
Efectivos de Salvamento Marítimo remolcaron a porto este domingo a un veleiro que quedara sen motor fronte a Cabo Prior, en Ferrol. Segundo informaron desde Salvamento Marítimo, o patrón do veleiro S/E Arminel II informou pasadas as 21:00 horas que tiña unha avaría no motor e quedouse sen vento a 5,5 millas de Cabo Prior. A Salvamar Betelgeuse acudiu ata o lugar e remolcouno ata Mariña Coruña, onde quedou atracado pasada a medianoite.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.