Aparecen pequenas bólas de chapapote en varias praias de Galicia

Salvamento "non ten un sospeitoso" xa que as imaxes satélites recentes "non alertan" de ningunha detección "nin hai noticia" de ningunha descarga operacional nin accidental.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2024 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A organización Noia Limpa denunciou a aparición de pequenas bólas de chapapote en varias praias de Galicia, sobre todo no litoral da mariña lucense. A través das súas redes sociais alertaron de que as bólas "son difíciles de ver" e os bañistas están a pisalas "e quédanselle pegadas nos pés".

"Onde mellor se ve é na liña de marea. Tede coidado e avisade aos socorristas ou Salvamento Marítimo", detallou a organización. Ademais, pediu colaboración á cidadanía para poder facer un seguimento da situación. Pola súa banda, fontes de Salvamento Marítimo consultadas por Europa Press, explicaron que se atopan "investigando a orixe" destas pequenas bólas detectadas na costa norte de Galicia.

Nun principio, parecen hidrocarburos "moi degradados de orixe indeterminada" e Salvamento "non ten un sospeitoso" xa que as imaxes satélites recentes "non alertan" de ningunha detección "nin hai noticia" de ningunha descarga operacional nin accidental. "Ninguén en mar informou do avistamento", aseguraron as mesmas fontes. Con todo, o avión AS305 sobrevoará a zona e informará tras o operativo.

Chapapote atopado en praias da Mariña
Chapapote atopado en praias da Mariña | Fonte: Instagram

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta