O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
O Galicia Confidencial fala con Soledad Méndez, unha voluntaria nas tarefas de limpeza do chapapote que deixou a súa Extremadura natal para mudarse a Galicia e que lembra, apesadumbrada, como "foi a sociedade civil a través das mobilizacións a que empurrou aos políticos a tomar medidas e dar a cara". Asegura que o que está acontecendo a día de hoxe coa xestión da DANA en Valencia é algo que lle lembra moito a aquel mes de novembro de 2002 no que se tratou por todos os medios de minimizar a catástrofe do Prestige.
  comenta   0
As imaxes dos reis e do presidente español ocultos en paraugas e rodeados de policías lembran, e moito, o acontecido en Galicia hai 22 anos cando os mariñeiros denunciaban falta de medios ante a marea negra do Prestige que impactara de cheo nas costas de Galicia. Entón non había ningún elemento da ultradereita nas protestas espontáneas. Eran profesionais do sector bateeiro impotentes ante a gran marea negra.
  comenta   1
Sara Rey, coordinadora da asociación A Mariña sen Plástico, asegura que eles se percataron destas boliñas o sábado pola mañá, pero que xa lles está escribindo xente que as detectara antes. As causas descoñécense.
  comenta   0
Salvamento "non ten un sospeitoso" xa que as imaxes satélites recentes "non alertan" de ningunha detección "nin hai noticia" de ningunha descarga operacional nin accidental.
  comenta   0
Aínda que o máis visual do traballo de Salvamento son os medios técnicos, detrás deles hai unha liña de traballadores que están monitoreando continuamente o que acontece no mar e que son os que evalúan cada situación e mandan os medios correspondentes para facerlle fronte.
  comenta   0
Nos primeiros momentos do accidente do Prestige o Goberno central ordenou "mandar el barco al quinto pino", mentres se criticaba a actuación do capitán do barco e aos países propietarios do mesmo. No caso da crise dos granulados, a reacción das administracións foi semellante e actuaron case un mes despois.
  comenta   0
Capitanía de Vigo levanta a retención do 'WEC Vermeer', que verteu fronte a Ons uns 150 litros de fuel.
As imaxes foron tomadas esta mañá logo de que a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa enviase un comunicado denunciando a inacción de Xunta e Estado ante as verteduras presuntamente realizadas polo buque WEC Vermeer.
  comenta   0
Na xornada deste martes, as manchas de fuel chegaron ás praias e o helicóptero de Gardcostas avistou outra entre os illotes de Guidoiros e Areoso, pertencentes ao mesmo termino municipal da Illa.
  comenta   0
Ao fío das 11,00 horas deste martes saltaron as alarmas no pequeno municipio arousán no que os veciños notaron "un forte cheiro a gasoil" e é que, a sombra o Prestige parecía que volvía asediar Arousa, que hai unhas semanas lembrábao no seu auditorio municipal.
  comenta   0
Apuntaron que mobilizaron ao Salvamar Sargadelos e ao helicóptero Pesca I, para tratar de pescudar a posible orixe destas manchas.
  comenta   0
Os aniversarios permiten mirar atrás e vernos cos ollos daquela.
  comenta   0
Víctor Dios é bateeiro na ría de Arousa. Sen querelo, o seu rostro fíxose recoñecible durante a crise do “Prestige”. Con toda a coraxe que levaba dentro enfrontouse ao presidente da Deputación da Coruña naquel momento, José Luis Torres Colomer. A actitude deste último fixo que a Víctor lle saíse “todo de dentro” e xunto con máis mariñeiros increparon e recriminaron ao presidente provincial a falta de medios para frear a chegada do chapapote ás bateas de mexillón.
  comenta   2