Prestige.- O 16 de novembro as primeiras manchas de chapapote chegaron á Costa da Morte, asolagando xa 190 kilómetros do litoral galego

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 16/11/2022 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O 16 de novembro de 2002, hai exactamente 20 anos, as primeiras manchas da sustancia que xa se comezaba a popularizar baixo o nome de 'chapapote', aínda que moi fragmentadas, acadaron parte da Costa da Morte. E é que a cantidade de refugallo vertida polo Prestige chegaba xa as 4.000 toneladas.

Voluntarios limpan nas praias chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan nas praias chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

Ao longo do día, chegou a afectar a 37 kilómetros de costa e, en concreto, ás praias de Trece, Camelle, Santa Mariña e Nemiña. Os peores temores fixéranse realidade: 190 kilómetros de costa estaban sendo anegados pola 'marea negra' para final do día.

Para tratar de afastalo da liña de costa, o buque, a 60 millas de distancia, seguía sendo remolcado en dirección sur. E para conter o chapapote, chegaban as barreiras de contención do Cantábrico e do Reino Unido (ao primeiro o Goberno de España non respondeu ao ofrecemento da potencia británica, mais non lle quedou máis remedio que aceptar cando a cousa se puxo seria).

En total, ás defensas españolas sumábanse outros 10 kilómetros máis de barreiras para intentar protexer os 1.195 kilómetros de costa galega (con 1.000 aínda limpos). Mais a forte marexada froito dun dos moitos temporais que adoitan asolagar Galicia por esta época do ano fixo saltar as primeiras barreiras colocadas, sendo superadas polo chapapote.

Todo o que podía saír mal, saiu mal, e o peor aínda estaba por chegar: ecosistemas destruidos, crise medioambiental, forte contaminación e política errática tras política errática por parte do Goberno, que non sabía como saír airoso dunha situación que xa non tiña remedio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta