A costa da Coruña en alerta laranxa este sábado por temporal

As previsións meteorolóxicas indican que unha profunda borrasca de 940 milibares situada entre Islandia e Irlanda deixará fortes ventos de compoñente sur en toda Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2024 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia



A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes activou para este sábado a alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña.

Segundo recollen nun comunicado, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informou de que o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde o mediodía no noroeste e oeste do litoral da Coruña por vento do sur ou suroeste de forza 8 mar combinado de suroeste con ondas de ata seis metros mar dentro.

Destacan que o 112 informou xa aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Doutra banda, o Goberno galego decidiu suspender a caminatra contra a violencia de xénero 'Camiño ao respecto', prevista para este domingo 24 de novembro en Santiago, ante as previsións meteorolóxicas de Meteogalicia e da Aemet, que prognostican alerta amarela por fortes ventos.

As previsións meteorolóxicas indican que unha profunda borrasca de 940 milibares situada entre Islandia e Irlanda deixará fortes ventos de compoñente sur en toda Galicia.

Concretamente, para a zona interior da provincia da Coruña, as previsións indican que durante a mañá do domingo os refachos de vento poden ser superiores aos 70 quilómetros por hora.

Forte ondada e tempo anticiclónico, a 21 de febreiro de 2022 /  M. Dylan - Europa Press  / Europa Press
Forte ondada e tempo anticiclónico, a 21 de febreiro de 2022 / M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta