A PDRA denuncia a aparición de manchas de hidrocarburos na Pobra do Caramiñal

As imaxes foron tomadas esta mañá logo de que a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa enviase un comunicado denunciando a inacción de Xunta e Estado ante as verteduras presuntamente realizadas polo buque WEC Vermeer.

Por Galicia Confidencial | Arousa | 17/12/2022 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A PDRA enviou fotos e vídeos de posibles restos de hidrocarburos chegados á Pobra do Caramiñal na mañá deste sábado. As sospeitas apuntan ás verteduras supostamente procedentes do buque chipriota WEC Vermeer. Este barco con bandeira de Chipre avisara o domingo 11 dunha fuga de hidrocarburos dun dos seus tanques de combustible.

Manchas fuel na praia Areos, Pobra do Caramiñal
Manchas fuel na praia Areos, Pobra do Caramiñal | Fonte: cedida

Por outra parte, a PDRA enviou este sábado un comunicado para denunciar a inacción das administracións central e autonómica ante as verteduras de hidrocarburos supostamente procedentes do buque con bandeira chipriota WEC Vermeer. Os feitos aconteceron o domingo día 11 de decembtro cando o barco chipriota comunicou ao CCSM Fisterra da fuga ao mar de fuel procedente dun dos seus tanques de combustible. Estes restos chegaron á Illa de Arousa o día 13 mentres que o día 15 xa había manchas noutros puntos da ría

Mostras das verteduras foron recollidas para unha análise que confirme ou desminta a procedencia do WEC Vermeer ou se hai máis actores involucrados. En calquera caso, a PDRA denuncia que o “Sasemar recibe en tempo real imaxes satelitarias do servizo CleanSeaNet da Axencia Europea de Seguridade Marítima1 que permiten identificar calquera vertedura que se realice nas nosas costas”.

Engaden tamén que Puertos del Estado ten boias que teoricamente lles permitirían ter capacidades de oceanografía operacional e predicir o comportamento dunha fuga de hidrocarburos. Sinalan a capacidade aérea do Sasemar pois “posúe un avión EADS-CASA CN 235-300, o Rosalia de Castro3 con base no aeroporto de Lavacolla e xestionado por Ancala Partners4, con capacidade de detección nocturna de vertidos e de toma de imaxes”.

Denuncian que o Estado non activase inmediatamente os medios marítimos e aéreos necesarios para localizar a vertedura e extraela do mar cos succionadores correspondentes á densidade do hidrocarburo. O fuel “chegou ás augas interiores e a Xunta tampouco soubo xestionar a vertedur, a pesar de ter medios dabondo dos que eles mesmos se gaban nos medios de comunicación”. Desde a PDRA sinalan que “descoñecemos a argumentación do Comité Técnico asesor que supoñemos convocaría a Xunta ao abeiro do Camgal, pero interésanos moito coñecela”. 

Manchas fuel na praia Areos, Pobra do Caramiñal
Manchas fuel na praia Areos, Pobra do Caramiñal | Fonte: cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta