Aparecen en varias praias da Illa de Arousa 'galletas' de chapapote no medio das algas

Apuntaron que mobilizaron ao Salvamar Sargadelos e ao helicóptero Pesca I, para tratar de pescudar a posible orixe destas manchas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2022 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

En varias praias do municipio pontevedrés da Illa de Arousa apareceron na mañá deste martes 'galletas' de chapapote no medio das algas. Segundo apuntaron fontes municipais a Europa Press, ata o momento descoñécense a orixe da vertedura, pero indicaron que provén da ría e que operarios municipais traballan na limpeza de zonas afectadas.

Os areais nos que xa se avistaron estas sustancias son en Ribeira do Chaso, preto da casa Consistorial, e en Testos. O 112 apuntou que pouco antes das 12,00 horas recibiron a chamada do propio concello. Así, apuntaron que mobilizaron ao Salvamar Sargadelos e ao helicóptero Pesca I, para tratar de pescudar a posible orixe destas manchas.

Posición da Salvamar Sargadelos e do helicóptero para detectar a orixe da vertedura de chapapote a 13 de decembro de 2022p. SALVAMAR SARGADELOS
Posición da Salvamar Sargadelos e do helicóptero para detectar a orixe da vertedura de chapapote a 13 de decembro de 2022p. SALVAMAR SARGADELOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta