A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, asegura que é a propia lexislación a que obriga aos concellos "a que teñan colectores específicos para a recollida de roupa e para a recollida de aceite de segunda man desde o 1 de xaneiro de 2025".
  comenta   0
Segundo trasladaron fontes da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, "a vertedura está controlada" e foi xerada por unha embarcación marisqueira que estaba en seco e non sobre a auga.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción lembra que hai un ano "as costas galegas sufriron un desastre ambiental de gran magnitude" coa vertedura de 26 toneladas de pélets plásticos do cargueiro 'Toconao', polo que avisa que "se repetirá se non levan a cabo controles máis estritos no transporte" destes granulados.
  comenta   0
Ángeles Vázquez cifra en "2,4 millóns" os gastos e explica que os pélets recolleitos foron levados á planta de Sogama "para a súa valoración".
  comenta   0
O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
O Galicia Confidencial fala con Soledad Méndez, unha voluntaria nas tarefas de limpeza do chapapote que deixou a súa Extremadura natal para mudarse a Galicia e que lembra, apesadumbrada, como "foi a sociedade civil a través das mobilizacións a que empurrou aos políticos a tomar medidas e dar a cara". Asegura que o que está acontecendo a día de hoxe coa xestión da DANA en Valencia é algo que lle lembra moito a aquel mes de novembro de 2002 no que se tratou por todos os medios de minimizar a catástrofe do Prestige.
  comenta   0
Segundo apuntou a Xunta, o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu en 2021 non autorizar máis vertidos de áridos no punto exterior de Sálvora, autorizado para esta actividade durante as últimas dúas décadas. Esta obra "paralizou todos os dragados do litoral galego ao sur de Muros", sinala.
  comenta   0
Gómez Besteiro apuntou que "calquera pode ver a situación real deses lodos" en marea baixa, cando se pode comprobar que "van subindo de nivel e facendo inoperativa a utilización dun verdadeiro luxo, que é ter un pantalán, un náutico, xusto pegado ao centro urbán".
  comenta   0
O pasado ano recuperaronse 8.838 toneladas de aceites industriais usados. Son residuo perigosos pero pode ser aproveitado na súa totalidade e utilizado na fabricación de novos produtos, como bases lubricantes ou fuel BIA.
  comenta   0
Critica que o Estado non pedise unha moratoria para aplicar os impostos, que supoñen "33 millóns anuais de desfasamento" para a entidade.
  comenta   0
Alcoa dispón na súa planta de aluminio da Mariña de dous emisarios submarinos para verter os residuos industriais ao mar. Estes emisarios son supostamente parte do proxecto inicial do complexo industrial, cuxa autorización de verteduras data de 1979.
  comenta   0
Sara Rey, coordinadora da asociación A Mariña sen Plástico, asegura que eles se percataron destas boliñas o sábado pola mañá, pero que xa lles está escribindo xente que as detectara antes. As causas descoñécense.
  comenta   0
O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo notificou a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas para investigar a vertedura contaminante procedente de Afouteza, a cidade deportiva do Real Club Celta de Vigo.
Tras as denuncias de Ecoloxistas en Acción, a Fiscalía investiga se houbo delito penal na actuación de Minas ou Augas de Galicia na súa competencia de vixiancia e control dos vertidos procedentes da mina.
  comenta   0
O GC percorre os terreos colindantes coa mina coa Plataforma veciñal Mina de Touro-O Pino Non para coñecer de primeira man o impacto mediambiental que a súa explotación, agora mesmo só de áridos, esta tendo sobre o medio ambiente, despois de que a Xunta declarase a reapertura da mina como proxecto estratéxico.
  comenta   0
O GC percorre os terreos colindantes coa mina coa Plataforma Mina de Touro-O Pino Non para coñecer de primeira man o impacto mediambiental que a súa explotación, agora mesmo só de áridos, esta tendo sobre o medio ambiente, despois de que a Xunta declarase a reapertura da mina como proxecto estratéxico.
  comenta   0
Tal e como figura na memoria técnica, o incremento de entradas de leite dos últimos anos fai prever que a empresa poida alcanzar un limiar de produción de 150 toneladas de produtos acabados e recibir máis de 200 toneladas de leite ao día.
  comenta   0