Detectan unha vertedura de aceite ao río Con en Vilagarcía de Arousa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2024 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía detectou este luns unha vertedura oleoso ao redor das 23.00 horas ao río Con, que conseguiu deter mediante barreiras flotantes de contención.

Segundo explica o Concello nun comunicado, as barreiras conseguiron deter o avance da mancha que, procedente do afluente que corre paralelo a Fexdega, flotaba sobre unha parte da lámnina de auga. Coa utilización de mantas absorbentes logrouse eliminar a sustancia practicamente na súa totalidade.

Pasadas as 00,30 horas, indican, xa se combateu a vertedura, que era de pequenas dimensións e que, ao atoparse a marea baixa, apenas se desprazaba. Unha vez finalizadas as tarefas de limpeza, o persoal do servizo e axentes da Policía investigaron a orixe da vertedura que baixaba polo río Lomba.

Con todo, como a pista se perdía no inicio do tramo enterrado e a pesar de ir levantando as arquetas río arriba, non se detectou a presenza da sustancia, polo que se descoñece a súa procedencia.

Verteduras nun río
Verteduras nun río | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta