Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2024 | Actualizada ás 15:33
O Parlamento de Galicia insta á Xunta a dirixirse ao Goberno de España para que a confederación hidrográfica Miño-Sil "teña en conta a nova regulación da normativa urbanística á hora da emisión dos informes sectoriais preceptivos á planificación urbanística municipal, en concreto, dos plans básicos municipais".
A iniciativa, aprobada en comisión este xoves sen modificacións por 10 votos a favor (PP e grupo mixto), dous en contra (PSdeG) e cinco abstencións (BNG), expono "á vista da problemática global e xeneralizada na totalidade dos concellos afectados" e co fin de "desbloquear a situación de inseguridade xurídica que preside neste momento".
Na exposición de motivos, o texto, do PP, explica que esta confederación hidrográfica "non está a ter en conta" a nova regulación e o seu pronunciamento "desfavorable" está a bloquear a aprobación definitiva dos plans básicos municipais que a Xunta ten en tramitación.
Ata agora "só foi posible" aprobar catro, segundo indica: Trabada, Riotorto, Ribeira de Piquín, que pertencen á demarcación hidrográfica do Cantábrico Occidental e O Páramo, "integramente na demarcación hidrográfica do Miño-Sil".
En concreto, a confederación hidrográfiva evaluá a dispoñibilidade xurídica dos recursos hídricos, tanto desde o punto de vista da captación da auga (abastecemento), como de vertedura de augas residuais (saneamento).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.