Unha vertedura de gasoil no porto de Ferrol obriga a activar o Camgal en fase de alerta

Segundo trasladaron fontes da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, "a vertedura está controlada" e foi xerada por unha embarcación marisqueira que estaba en seco e non sobre a auga.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 15/01/2025 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de Contaminación Mariña de Galicia (Camgal) en fase de alerta pola presenza dunha mancha de gasoil no porto de Ferrol. Segundo informou o 112, anteriormente, e por parte da Autoridade Portuaria de Ferrol, activouse o PIM (Plan Interior Marítimo) en fase 0 tras a vertedura de gasoil chegado dun pesqueiro, que afectaba tanto á terra como ao mar.

Despois de recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Ferrol, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol. Segundo trasladaron a Europa Press fontes da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, "a vertedura está controlada" e foi xerada por unha embarcación marisqueira que estaba en seco e non sobre a auga. A perda de combustible afectou á zona de seco, pero chegou tamén ao mar, motivo polo que se activou o plan interior marítimo, coa colocación de material absorbente.

Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene
Estruturas flotantes nas instalacións de Navantia Fene | Fonte: NAVANTIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta