Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2025 | Actualizada ás 20:17
Un mozo de 18 anos, Alex Wang, está desaparecida no municipio pontevedrés de Silleda desde a mañá deste domingo, segundo informou o Concello de Silleda a través das súas redes sociais. Os drons de Axega tamén se uniron á busca.
A familia deste mozo interpuxo denuncia este domingo pola súa desaparición, e púxose en marcha un dispositivo de procura, que se renovou na mañá deste luns, coa participación de diferentes efectivos. Segundo indicaron fontes policiais, as pescudas céntranse na área comprendida entre a vivenda familiar do rapaz e a estación de tren, ao ser a zona onde se lle viu por última vez, e nelas participan efectivos de Policía Local, da Garda Civil, de Protección Civil e tamén veciños voluntarios.
Ademais, está previsto que, nas próximas horas, se incorpore á procura cans adestrados do GCR (Grupo de Cans de Rescate) do centro de Protección Civil na Estrada e a Garda Civil non descarta a mobilización do helicóptero con base na Coruña.
O mozo, de complexión delgada e que mide 1,61 metros, foi visto por última vez na mañá desta xornada sobre as 08.00 horas saíndo da súa casa en Carballeda, na parroquia de Taboada. Por iso, o Concello solicitou que calquera que poida dar algunha indicación sobre o seu paradoiro se poña en contacto coa Policía Local de Silleda a través do número: 660661723.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.