Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2024 | Actualizada ás 18:25
Ecoloxistas en Acción lembra que hai un ano "as costas galegas sufriron un desastre ambiental de gran magnitude" coa vertedura de 26 toneladas de pélets plásticos do cargueiro 'Toconao', polo que avisa que "se repetirá se non levan a cabo controles máis estritos no transporte" destes granulados. "Este incidente non só danou gravemente o ecosistema mariño, senón que tamén puxo en risco ao sector pesqueiro e marisqueiro, ao afectar a biodiversidade e os recursos marítimos", resume nun comunicado este venres.
Nesta liña, expón que organizacións pesqueiras, marisqueiras e ecoloxistas esixen máis ambición na proposta de regulamento para frear a contaminación por pélets plásticos que votará o Consello de Medio Ambiente o próximo 17 decembro. Ao mesmo tempo, denuncia a contaminación crónica por pélets en zonas industriais como Tarragona, onde millóns de microplásticos acaban no Mediterráneo cada ano.
Por todo iso, Ecoloxistas en Acción fai un chamamento ás autoridades para que reforcen as medidas de prevención e seguridade, e establezan controis estritos que garantan unha contorna máis segura para os océanos. "Un ano despois do desastre do Toconao, protexer o futuro das nosas costas e mares debe ser unha prioridade inaprazable", conclúen.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.