Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2025 | Actualizada ás 16:36
A Xunta deu luz verde ao informe de impacto ambiental para unha liña de media tensión aérea en Valboa, municipio de Vila de Cruces (Pontevedra), promovido por UFD Distribución Electricidade (distribuidora de Naturgy). O informe, asinado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría Moreno, indica que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente" se se cumpre o programa de vixilancia ambiental establecido.
No entanto, no expediente figura que na zona atópanse especies incluídas como vulnerables no catálogo galego de especies ameazadas, tales como o aguilucho pálido ('tartaraña gatafornela' en galego) e o aguilucho cenizo ('tartaraña cincenta' en galego).
Igualmente, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural identifica que na contorna do trazada das liñas atópanse elementos patrimoniais como o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a pouco máis dun quilómetro, ou a capela de San Miguel de Cortizada, a 250 metros.
Ademais, na contorna do proxecto localízanse posibles túmulos detectados, como un a 98 metros dun dos apoios das liñas, así como outro a menos de 300 metros doutro apoio, entre outros. "Dadas estas circunstancias, é preciso ter en conta a natureza do patrimonio arqueolóxico e etnológico moitas veces enmascarado por unha tupida vexetación ou por procesos posdeposicionales, polo que non é descartable que existan algúns bens deste tipo, que aínda que non estean recollidos en inventarios, son susceptibles de protección e que puidesen verse afectados as accións derivadas do proxecto se non se adoptan medidas protectoras ou correctoras", asegura o informe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.