Afecta tamén aos concellos de Poio, Meis e Barro. Hai aves vulnerables e petróglifos que poden estar afectados.
  comenta   0
A análise revela posibles verteduras no punto de confluencia do Sar co Ulla, e recomenda seguimento continuado para evitar riscos aos ecosistemas.
  comenta   0
A Federación Ecoloxista Galega denunciou ante a empresa especializada AENOR a posible certificación fraudulenta utilizada pola Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS), un selo de calidade ambiental utilizado por ENCE.
  comenta   0
Sitúa en Augas de Galicia a Agustín Hernández e ao exdirector de Mobilidade, Ignacio Maestre, investigado tras a adxudicación das liñas de Alsa e Mombús.
  comenta   0
Son moitas as experiencias noutros países do noso entorno, durante décadas, fornecendo de vivenda en alugueiro a prezo taxado e dependente da situación económica das familias. Aquí, polo de agora, o esforzo en materia de provisión universal de vivenda tense focalizado doutra maneira e con menor intensidade... Penso que é hora de, nun contexto de especulación nunca visto e de novos axentes “consumidores” de vivenda, poñer os vimbios para facer as cousas doutra maneira...
  comenta   0
Así o recolle o Impact Rankings 2024 elaborado pola consultora Times Higher Education. Acada o posto 53 no ODS referido á igualdade de xénero e o 62 no que atinxe a educación de calidade.
  comenta   0
O Concello de Allariz, o GDR Limia-Arnoia e a Rede de Municipios pola Agroecoloxía convidan aos concellos galegos a compartir experiencias e reflexións sobre as políticas alimentarias locais. Terá lugar o 18 de xuño na Casa do Concello entre as 10:30 e as 17:00 h.
  comenta   0
Nesta ocasión, máis de mil voluntarios galegos colaboraron nas 70 recollidas de lixo organizadas en diferentes quendas en toda Galicia.
  comenta   0
Miquel Trepat, presidente da Asociación de Funerarias e Cemiterios Municipais (AFCM), onde se inclúe o cemiterio lucense asegura que "hai unha tendencia no sector que está predominando por enriba das demais: a creación de cemiterios comprometidos co medio ambiente e coa loita contra o cambio climático".
O Goberno galego si dá o visto bo ambiental á liña de alta tensión desde o parque de Monteagudo ata Morás.
  comenta   0
Da man da blogueira Andrea Goro coñecemos a situación en Galicia, accións para contrarrestar as consecuencias deste tipo de moda, así como tendas de segunda man ou vintage.
  comenta   0
Este plan márcase os seguintes obxectivos antes de que termine 2025 no peso de reciclaxe de residuos industriais: do 50 % en envases de plástico, do 25 % en envases de madeira, do 70 % en envases de metais ferrosos, do 50 % en envases de aluminio, do 70 % en envases de vidro e do 75 % en envases de papel e cartón.
  comenta   0
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, da vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, resolve que "non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medioambiente".
  comenta   0
Rivera subliña que se aposta por un modelo de turismo "sustentable e de calidade, de experiencias, con capacidade para atraer visitantes ao longo de todo o ano, que coida o patrimonio e que deixa un alto no territorio, en termos de economía e de emprego".
  comenta   0
O concello apura nestes días os preparativos para a decoración de Nadal. Dende hai uns anos traballan para ofrecer, por estas datas, a mellor imaxe da vila a través dunha decoración sostible con material reutilizado e recreando aspectos da tradición de Chantada e das súas xentes.
O Concello de Lugo presenta catro actuacións centradas no aforro enerxético para a declarar a zona como Contorna Residencial de Rehabilitación Programada.
Ángeles Vázquez critica que "só unha sala concreta do TSXG" tomba proxectos eólicos e avisa de que, se o TS non lles dá a razón, os parques en España serían "nulos".
  comenta   2
No encontro analizaranse novas estratexias para incorporar criterios de sostibilidade, ética e compromiso social nos sectores financeiros e empresariais.
  comenta   0
Unha gala de clausura no Auditorio Municipal de Verín, e presentada polo actor Manuel Cortés, puxo o punto final á edición deste ano. Curtas de Grecia, Suecia e Portugal recibiron algúns dos premios dentro das categorías oficiais a concurso.
  comenta   0
O secretario xeral de Industria da Xunta, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro con responsables da Universidade de Vigo para abordar as liñas de colaboración entre ambas as partes e tratar futuros proxectos conxuntos, e no que se tratou, entre outras cuestións, o uso do hidróxeno.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta de Galicia polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da planta situada no concello de Vila de Cruces.
  comenta   0
Paula é a nosa segunda convidada a Laretando. Esta creadora de contido trata nas súas redes de temas centrados na sostibilidade e no medio ambiente, cos que conseguiu unha comunidade de máis de 1,8 millóns de seguidores en TikTok
  comenta   0
A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, mantivo unha reunión este luns con representantes da Federación galega de redeiras artesás O Peirao.
  comenta   0
A UVigo impulsa unhas xornadas sobre o desenvolvemento de proxectos centrados na sostibilidade, no impacto ambiental da investigación e en como a innovación permite xerar alternativas a procesos ata o de agora contaminantes.
A alcaldesa, Cristina Cid, comunicoulle ao sector turístico e comercial de Allariz que o plan presentado á convocatoria do Ministerio recibiu a idoneidade.
  comenta   0
A instalación está promovida pola empresa Greenalia Wind Power, SLU, e contará cunha potencia de 10,4 megawatts.
  comenta   0
No eido turístico é imposible crecer e crecer sen danar a calidade do produto que vendemos. E non digamos nada, xa, de cuestións medioambientais ligadas á sostibilidade de tales recursos. Se na Fraga do Eume ou na Devesa da Rogueira nos xuntamos na Semana Santa moitísimas persoas, temos un problema. O mesmo que en calquera outro lugar, especialmente se é de especial protección. Pero, entón.... que facemos?
  comenta   0
Ao mesmo tempo, dá luz verde á declaración de impacto ambiental do proxecto de Bustelo e Baralláns e á construción do de Serra de Liñares
  comenta   0
Expuxo ante a Comisión as estratexias que se están desenvolvendo na Comunidade para cumprir cos obxectivos de mitigación e promover a adaptación ao cambio climático.
  comenta   0
O concello ourensán repara un plan para captar fondos europeos integrados no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia deseñado dende o Goberno Central.
  comenta   0
O edil socialista Iván Puentes quere facer da antiga ponte do ferrocarril que pasa por esa zona nun gran espazo de lecer que se integrará na futura vía verde entre Vilagarcía e Pontevedra
  comenta   0
Cruzamento de reproches pola tramitación de proxectos eólicos entre o deputado Luís Bará e a directora xeral de Calidade Ambiental.
  comenta   0
Os consumidores parecen estar cada vez máis dispostos a pagar máis e a evitar os produtos do mar con exceso de envases, segundo un estudo. A pandemia de covid-19 disparou o interese nos chamados envases intelixentes.
  comenta   0