Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 26/09/2024 | Actualizada ás 19:28
A Xunta concedeu nos últimos anos 3,5 millóns de euros en axudas para apoiar iniciativas e proxectos promovidos en Galicia por empresas, autónomos, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro relacionadas coa xestión e recuperación de residuos téxtiles recollidos de forma separada.
Así o explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa visita á planta que ten no municipio coruñés de Arteixo a empresa Insertega (Iniciativa Social Emprendedora da Reciclaxe Téxtil en Galicia).
A mesma dedícase ao tratamento deste tipo de residuos, ademais de apostar polo I+D+i nos seus procesos produtivos, aspectos que se abordaron na visita na que a conselleira estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría.
Nela, a conselleira puxo a esta firma como exemplo do "potencial" do sector desde o punto de vista da creación de emprego verde, de calidade e inclusivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.